Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Discusión dirixida A participación activa e con argumentos madurecidos e criativos nas discusións dirixidas representará o 20% da cualificación final. 25
Presentación oral Serán avaliadas tanto a presentación oral como a participación retroalimentadora nas outras presentacións. 10
Lecturas As lecturas avaliaranse através da incorporación madurecida dos seus contidos tanto ás discusións dirixidas como aos comentarios retroalimentadores dos traballos dos compañeiros realizados no espazo de traballo colaborativo en liña.
Tamén será posíbel realizar informes críticos de lectura.
20
Traballos tutelados O traballo invidivual representará o 45% da cualificación final. Teranse en conta os traballos previos á súa elaboración (ponderación co profesor e os compañeiros de tema e fontes, determinación do argumento e a estrutura, procura de información...), os prazos de entrega, a súa redacción (orixinalidade, calidade, coherencia e cohesión, bibliografía empregada, presentación etc.), así como a retroalimentación dos traballos dos compañeiros. 45
 
Observacións avaliación

Non será posíbel a superación da materia sen a participación activa
nas discusións dirixidas nin a presentación, dentro dos prazos, do
traballo tutelado.

O alumnado de ensino semipresencial ou con dispensa académica
deberá acompañar o curso a través das ferramentas de comunicación
asíncrona determinadas polo docente nos prazos específicos que se
establecerán a tal efecto e que o profesor comunicará ao alumnado
afectado ao inicio do curso.

Na segunda oportunidade (en xullo) o alumnado será avaliado cos
mesmos criterios e coas mesmas porcentaxes que na oportunidade
anterior. Caso de non ter realizado durante o cuadrimestre algunha das
actividades avaliábeis, abrirase un novo prazo para a súa presentación.