Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Obradoiro Avaliarase o progreso, a participación e a actitude de cada alumno na aula. Faranse distintos exercicios e actividades, que serán recollidos polo profesor 30
Traballos tutelados Avaliarase a orixinalidade, correcta estruturación de contidos, corrección expositiva, así como a calidade, profundidade e rigor da investigación; tamén se terá en conta a presentación e o logro dos obxectivos propostos, sen esquecer a capacidade de relación do aportado co visto nas clases.

50
Proba mixta En cada unha das oportunidades (final de cuadrimestre e xullo), realizarase nas datas oficiais unha proba mixta para avaliar a adquisición das competencias.
20
 
Observacións avaliación

Só se aceptarán traballos e actividades que se entreguen nas datas
establecidas, en soporte de papel, e seguindo as pautas e as normas para a entrega de
traballos escritos que se precisarán en cada caso. Non se poderá aprobar
a materia sen cubrir todos os ámbitos da avaliación. Na segunda oportunidade (xullo), a data de entrega dos diferentes
traballos do alumno que se someterán a avaliación será o mesmo día que a
fixada oficialmente para o exame; ademáis, será necesario obter, como mínimo, o 50% da calificación máxima no
traballo tutelado . O alumno con dispensa de asitencia a
clase recoñecida poderá ter asistencia personalizada para
a realización das diversas actividades durante o curso.