Código Competencias / Resultados do título
A1 Coñecer as principais correntes teóricas que integraron e integran a reflexión sobre a literatura e a cultura, así como os seus antecedentes.
A4 Analizar e interpretar textos, aplicando diferentes modelos teóricos e xenéricos.
A6 Integrar os estudos literarios nun contexto cultural máis extenso que transcenda os límites dunha soa lingua e / ou nación, atendendo á diversidade cultural.
A8 Aplicar unha perspectiva comparatista de carácter transnacional e plurilingüístico aos estudos literarios, artísticos e culturais.
B4 Desenvolver habilidades cognitivas avanzadas (capacidade de síntese, análise e pensamento crítico) relacionadas co desenvolvemento e a creación dun perfil investigador.
B5 Integrar coñecementos de campos de estudo diversos.
C2 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.