Lecturas |
O estudantado deberá realizar, fóra da aula, lecturas puntuais obrigatorias para poder levar a cabo certas actividades propostas (exercicios, debates, comentarios etc.) e atinxir unha boa calidade lingüística. |
Obradoiro |
Nas sesións de grupo intermedio e reducido, co apoio do profesorado da materia, realizaranse diversas ACTIVIDADES PRÁCTICAS sobre temas concretos do temario para asentar os coñecementos adquiridos nas aulas maxistrais.
A combinación de diferentes modalidades formativas de carácter práctico (exercicios estruturais, estudos de casos e solucións de problemas, análises e correccións de documentos orais e escritos, redaccións, debates, traballo en grupo etc.) permitirá ao alumnado desenvolver eficazmente tarefas relacionadas cos contidos da materia. |
Solución de problemas |
Como complemento das actividades presenciais, o profesorado solicitará unha serie de ACTIVIDADES PRÁCTICAS que os/as estudantes deberán realizar en horas non presenciais e entregar nas datas marcadas. |
Proba mixta |
Realizarase unha PROBA ESCRITA final en que se deberán mostrar os coñecementos e as competencias adquiridas. |