Discusión dirixida |
A2 A6 A7 A9 A11 A15 B4 B5 B7 B8 B10 C2 C4 C7 |
A asistencia regular ás clases contará ata un 5%, mais o profesorado valorará o compromiso diario de cada estudante coa súa aprendizaxe ata un 20%. Para esto, terase en conta a contribución activa e o rendimento de cada estudante nos exercicios individuais e/ou en grupo, orais e/ou escritos, e a atención prestada ás explicacións por parte do profesorado e do resto do alumnado. |
20 |
Traballos tutelados |
A1 A2 A3 A6 A7 A9 A10 A11 A15 B1 B2 B4 B5 B6 B7 B8 B10 C2 C4 C7 |
Englóbanse nesta categoría todas aquelas actividades individuais ou grupais realizadas na clase ou fóra dela e que se anuncien como puntuables: resumos, análises de texto, revisións, etc. Terán lugar, principalmente, nas clases de T.G.R., polo que todas serán cuidadosamente supervisadas polo profesorado. |
30 |
Proba mixta |
A1 A2 A3 A6 A7 A9 A11 A15 B3 B4 B7 B10 |
Haberá un exame final no que o alumnado deberá demostrar que domina os contidos teóricos presentados nas clases de D.E. (grupo grande) e as destrezas prácticas traballadas en todas as clases, especialmente nos grupos de D.I. (grupos medianos) e de T.G.R. (grupos pequenos). O exame terá dúas partes (con igual peso na nota global da proba): I) preguntas breves (definicións de termos críticos, de periodos, identificación de fragmentos dos textos estudados, etc); II) redacción ben estructurada dunha análise e/ou interpretación dun texto (da lista de lecturas) segundo as directrices estudadas ao longo do cuatrimestre.
Non se pode aprobar a materia ser obter un mínimo de 4 sobre 10 neste exame (nunca menos dun 1,75 sobre 5 en cada unha das dúas partes). Se non se chega a estes mínimos nesta proba, non se lle sumará á nota do exame ningunha outra nota obtida no resto de apartados avaliables. |
50 |
- Obterase una calificación de "non presentado" por non acudir ao exame e/ou por ter completado traballo de curso que represente unha porcentaxe inferior ao 50%.
- A oportunidade de avaliación en xullo constará de dous apartados: 1) unha proba escrita (co
mesmo deseño e aplicándose idénticos criterios que na oportunidade de xuño) que avaliará o dominio dos contidos impartidos durante o ano e que computará o 50% da nota; 2) as actividades que se especifiquen no seu momento, que se deberán entregar, como moi tarde, ao comezo do exame final, e que contarán o outro 50% da nota. - O alumnado matriculado a tempo parcial e que teña concedida unha dispensa académica deberá porse en contacto co profesorado da materia a principio de curso para planificar, en cada situación concreta e individual, os axustes necesarios na avaliación, no tocante ás porcentaxes de "Discusión dirixida" e "traballos tutelados".
- O plaxio en calquera actividade significará a cualificación de "cero" nesta actividade.
- Todos os traballos e actividades deberán ser entregados en tempo e forma
para así evitar unha penalización do 25% sobre a nota obtida nos
mesmos.
|