Aprendizaxe colaborativa |
Ao non existir na nomencaltura da guía a correspondente á disciplina filolóxica de comentario de texto literario, adoptase esta denominación. Semanalmente haberá unha sesión interactiva na que se realizarán actividades relativas á aplicación metodolóxica do comentario de texto literario aplicado aos textos obxectos da materia. Para realizar esta actividade, o estudante deberá ter traballado previamente o texto proposto para a análise de xeito a poner en común os resultados do seu traballo. |
Sesión maxistral |
Haberá unha sesión maxistral por semana de noventa minutos de duración. LA responsabilidade desta sesión recae sobre a profesora. Os obxectivos das sesións serán a exposición dos rasgos máis salientables para os periodos literarios abordados dos xenéros e autores estudados. |
Actividades iniciais |
No primeiro día de aulas os estudantes realizarán individualmente un comentario de texto literario por escrito co fin de determinar o nível xeral e adecuar así a impartición da materia cara a obxectivos de mellora e progreso. Nesta mesma sesión, darase conta das ferramentas metodlóxicas introductorias á materia. |