Sesión maxistral |
Servíndose do método expositivo a profesorá proporcionará unha introdución metodolóxica sobre a técnica do comentario de textos, así como as nocións básicas necesarias sobre a tradición literaria e o contexto do tipo de producións que serán obxecto de comentario. |
Traballos tutelados |
Traballo tutelado pola profesora que pretende promover a aprendizaxe autónoma (terá como ponto de partida os textos obxecto de leitura, ainda que ese corpus poderá ser complementado en razón da escolla do tema elixido). Desenvolverase de acordo coas pautas establecidas e axustarase ás características formais que no seu momento se formulen. |
Lecturas |
A leitura das obras sinaladas son o eixe sobre o que xira esta materia, pois nunca se comentarán os textos no baleiro, senon considerando a tradición literaria na que se integran e o(s) contexto(s) de creación e recepción; enténdese, xa que logo, que se trata non so dunha leitura comprensiva, senon reflexiva e crítica. Tamén, para a realización do traballo e ocasionalmente para realizar algún dos exercicios do obradoiro, a profesora recomendará a leitura de artigos críticos e bibliografía complementaria. |
Obradoiro |
Combínanse distintas metodoloxías e exercicios (discusión, análise de aspectos formais concretos dun texto...), de xeito que, a traveso desas actividades, a profesora perciba o traballo do alumno e o seu avance na técnica do comentario de textos. Nalgún caso, a docente entregará materiais que o estudiante deberá ler e examinar para apresentar no curso dunha sesión posterior. |