<p><span 8pt;'="" "verdana","sans-serif";="" 115%;="">Para o aproveitamento óptimo dos recursos docentes
proporcionados recoméndase a asistencia a todas as clases, tanto ás sesións
expositivas nas que se explican os contidos principais da materia, como ás
clases interactivas nas que se traballa na aplicación dos contidos teóricos, e
tamén ás clases de grupos reducidos nas que, mediante obradoiros, se practicará a
composición de textos, aspecto moi importante na materia e no proceso formativo
dos alumnos.</span></p> |