Datos Identificativos | 2015/16 | |||||||||||||
Asignatura | Literatura Galega e Estudos Socioculturais | Código | 613G02032 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Terceiro | Optativa | 4.5 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Análise de fontes documentais | A1 A2 A3 A11 A14 A23 A27 A28 B1 B5 C4 | O alumnado terá que analizar en clase textos (teóricos o literarios) ou outro tipo de materiais (filmes, hipertextos, etc). Isto implicará un traballo previo que requerirá un esforzo na actividade non presencial. | 20 |
Traballos tutelados | A2 A4 A10 A14 A15 A17 B2 B3 B9 C1 C6 C8 | Ao longo do curso, e sempre baixo a guía e supervisión da docente, o alumnado terá que elaborar varios exercicios escritos a partir das lecturas obrigatorias e dos contidos desenvolvidos na aula. O traballo final obrigatorio consistirá na elaboración dun comentario persoal e orixinal sobre un aspecto relacionado cun punto do programa. Valorarase fundamentalmente a profundidade e o rigor da pesquisa, e a clareza expositiva e expresiva. Este traballo deberá ser entregado na semana seguinte ao remate das aulas. |
60 |
Discusión dirixida | A2 A4 A10 A11 A15 B4 B7 B8 B10 C1 C4 | Avaliarase a participación activa nas sesións prácticas dedicadas á posta en común de cuestión e problemas previamente plantexados pola profesora. Para poder participar axeitadamente, será imprescindíbel ter realizado as lecturas previas definidas para cada sesión. |
20 |
Observacións avaliación | |||
Para superar a materia, o alumnado deberá conseguir unha cualificación igual ou superior a 5 puntos no conxunto de actividades que compoñen a avaliación.
O alumnado terá que entregar os traballos e actividades no prazo fixado. Asemade, todas as actividades deberán cumprir unhas exixencias mínimas de corrección lingüística (ortografía, puntuación, concordancia, ausencia de reiteracións, precisión léxica, rexistro formal...). As deficiencias lingüístico-expositivas serán penalizadas na cualificación. Para a segunda oportunidade do mes de xullo, aquel alumnado que non superase a materia con anterioridade, terá que entregar, na data marcada para o exame, os exercicios escritos que non fosen avaliados positivamente e o traballo tutelado(no caso de o ter reprobado con anterioridade); ademais, para substituir o 40% das actividades presenciais (análise de fontes e discusión), terá que realizar unha proba obxectiva sobre o programa da materia e as lecturas obrigatorias. Os/as alumnos/as que teñan matrícula a tempo parcial e/ou dispensa académica deberán realizar os mesmos traballos e probas que os estudantes con matrícula ordinaria. A presentación oral do traballo realizarase nunha sesión de tutoría persoal. A data e hora de realización destas sesións poderán ser concertadas a través do correo electrónico. A cualificación de NON PRESENTADO/A será considerada cando o/a alumno/a non asistir ao exame (proba mixta) ou cando non asista e participe, ao menos, no 50% das sesións presenciais. |