Datos Identificativos | 2015/16 | |||||||||||||
Asignatura | Lingua Galega: Norma e Usos | Código | 613G02038 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Cuarto | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Proba mixta | A1 A9 A10 A21 B5 | Na 1.ª oportunidade (xaneiro) realizarase unha PROBA MIXTA ESCRITA en que se avaliarán os contidos e as competencias adquiridas na materia. Esta proba realizarase na data, hora e lugar establecidos no calendario oficial de exames da Facultade de Filoloxía. | 50 |
Presentación oral | A4 B4 C1 | Na PRESENTACIÓN ORAL derivada do "Traballo Tutelado" avaliarase a competencia comunicativa (comprensión, expresión e interacción orais), a calidade da lingua e os recursos e estratexias expositivas empregadas polo alumnado. | 10 |
Obradoiro | A1 A29 B1 B7 | Nas sesións de OBRADOIRO realizaranse actividades prácticas avaliábeis derivadas das SESIÓNS MAXISTRAIS (análise de textos, estudo de fontes documentais etc.). | 10 |
Traballos tutelados | B1 B2 B3 C7 C4 | No TRABALLO TUTELADO valorarase fundamentalmente a profundidade e o rigor da pesquisa, a clareza expositiva e a calidade expresiva. | 30 |
Observacións avaliación | |||
1. OBSERVACIÓNS XERAIS PARA A 1.ª OPORTUNIDADE (xaneiro): 1.1. Para superar a materia, o alumnado deberá aprobar (con 5 puntos sobre 10) cada unha das metodoloxías avaliábeis: OBRADOIRO, TRABALLO TUTELADO, PRESENTACIÓN ORAL e PROBA MIXTA. En caso contrario, poderá recuperar parcial ou totalmente estas metodoloxías na 2.ª oportunidade (xullo), segundo as normas que se detallan na epígrafe 2. 1.2. O alumnado terá que entregar os traballos e actividades no prazo fixado. Asemade,todo tipo de actividade ou proba deberá cumprir unhas exixencias mínimas de corrección lingüística (ortografía, puntuación, concordancia sintáctica,ausencia de reiteracións, precisión léxica, rexistro formal…); no caso de deficiencias lingüístico-expresivas, estas poderán ser penalizadas na cualificación. 1.3. O alumnado con matrícula parcial e/ou dispensa académica recoñecida deberá realizar e entregar as mesmas probas e exercicios que o restante; se non puider asistir ás titorías, deberá pórse encontacto co profesor a través do correo electrónico. 2. CUALIFICACIÓN FINAL NA 2.ª OPORTUNIDADE (xullo): 2.1. Na segunda oportunidade, en xullo, o alumnado será avaliado cos mesmos criterios e coas mesmas porcentaxes que na oportunidade anterior, excepto o "Obradoiro", cuxa cualificación -ao ser presencial- integrarase no Traballo Tutelado (que, deste xeito, equivalerá ao 40% da cualificación). 2.2. As metodoloxías que non foren aprobadas na 1.ª oportunidade deberán elaborarse para seren avaliadas nesta 2.ª oportunidade. Igual que na oportunidade anterior, para superar a materia o alumnado deberá aprobar (con 5 puntos sobre 10) cada unha das metodoloxías. 3. CUALIFICACIÓN DE NON PRESENTADO (NP): 3.1. A cualificación de NON PRESENTADO/A será considerada cando o/a alumno/a non asistir ao exame (proba mixta) e, alén disto, cando o número de actividades for inferior ao 50%. |