Datos Identificativos | 2015/16 | |||||||||||||
Asignatura | Variedades do Inglés | Código | 613G03042 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Cuarto | Optativa | 4.5 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Presentación oral | B4 B5 B10 C2 C3 C4 C8 | Haberá dúas presentacións orais: unha presentación INDIVIDUAL durante a CLASE PRÁCTICA (10%) e un VÍDEO-PROXECTO en GRUPO (15%). A presentación individual segue o formato estándar e consiste en facer unha análise práctica da variedade inglesa que queirades--por exemplo, sobre as características fonéticas e/ou gramaticais dunha canción en inglés non estándar; o formato do vídeo-proxecto en grupo (3-9 estudantes) é máis libre, sempre e cando os estudantes imiten RESPECTUOSAMENTE un acento inglés non estándar durante a presentación. O resto dos detalles serán explicados en clase. | 25 |
Obradoiro | A6 A9 A11 A15 | Os talleres ou clases prácticas terán lugar no aulanet. Teredes que ler, escoitar e analizar textos en diferentes variedades do inglés. Moitos destes textos serán audiovisuales. Crearei un FORO en MOODLE e os/as estudantes terán que aportar as súas análises e comentarios aí; as vosas notas nesta sección dependerán da información que poñades no foro durante mentres estades en clase. | 20 |
Lecturas | A1 A2 A10 A17 A19 A20 B8 C6 C7 | Nos grupos grandes, á parte de explicar a TEORÍA, fareivos preguntas sobre a/s LECTURA/S da semana; ao comezo do cuadrimestre, deixarei unha COLECCIÓN de lecturas en reprografía. Aínda que as lecturas son maiormente sobre lingua e literatura, provereivos de información sobre historia, cultura, xeografía e outros detalles correspondentes aos lugares en que se fala cada variedade do inglés. IMPORTANTE: só terase en conta a participación daqueles e aquelas estudantes que demostren REALMENTE ter feito unha lectura concienciuda dos textos. |
30 |
Traballos tutelados | A14 B1 B2 B3 B6 B7 B9 C5 | Teredes que escribir dous ensaios individuais: o primeiro tratará dunha ÚNICA VARIEDADE do inglés (10%); o segundo será unha comparación de dous (ou máis) VARIEDADES (15%). Non se pode escribir sobre a mesma variedade do inglés en dúas ocasións; isto significa que os vosos traballos tratarán sobre tres (ou máis) variedades en total. Os traballos estarán escritos en estilo MLA--unha variedade de escritura que se explicará en clase, xunto co resto dos requisitos. | 25 |
Observacións avaliación | |||
-Para aprobar o curso, os e -O meu método docente -XANEIRO: Os e as estudantes -XULLO: Os e as estudantes -En caso -Os/as -Un -Tanto en xaneiro coma en xullo, os/as -Aqueles/as alumnos/as que oficialmente fosen |