Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio A4 A5 A12 B13 B10 C6 É obligatoria a realización das prácticas de laboratorio estipuladas nos boletines 40
Traballos tutelados A2 A6 B2 B4 B6 B7 B9 C1 C2 C3 C4 C7 Realización de traballos propostos polo profesor para profundar nalgún aspecto da materia 60
 
Observacións avaliación

 A avaliación realizarase da mesma forma en todas as oportunidades:  realización de prácticas e entrega de traballos. Nesta materia non se realizarán exames. Para poder presentarse á avaliación será condición indispensable a presentación das prácticas durante o cuatrimestre. Pola súa banda, os traballos deberán presentarse antes da data de comezo do período de exames, en calquera das dúas oportunidades.

A condición de non presentado virá dada polo non cumprimento de calquera dos requisitos da avaliación (non realización de prácticas ou non presentación de traballos).

Manterase o aprobado da parte da materia realizada e superada nas oportunidades anteriores: realización de prácticas por unha banda e presentación de traballos polo outro.

Os alumnos que cursen a asignatura a tempo parcial realizarán as mesmas probas de avaliación que os alumnos que as cursen a tempo completo. Asegurarase que os seus horarios de clase e os horarios das probas a realizar sexan compatibles co horario que teñan estipulado que deben asistir ao centro.