Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A1 |
Comprender os límites epistemolóxicos do estudo das migracións internacionais e a natureza esencialmente política que sostén a definición e identificación do fenómeno migratorio. |
A6 |
Dominar as principais fontes de documentación estatística e bibliográfica que lle permita manterse informado e iniciar e programar estudos exploratorios sobre temáticas relacionadas coas migracións internacionais |
A7 |
Coñecer as virtudes e as limitacións das principais fontes e indicadores estatísticos para a descrición dos movementos migratorios en distintos contextos territoriais e na súa evolución temporal |
A8 |
Comprender o potencial das distintas técnicas de investigación social para o estudo das migracións internacionais así como os condicionamentos deontolóxicos profesionais. |
A9 |
Manexar os conceptos fundamentais no estudo das migracións internacionais |
A10 |
Coñecer suficientemente os autores e traballos de maior relevancia académica e profesional |
A11 |
Ter suficiente capacidade de abstracción para presentar o fenómeno migratorio dende unha perspectiva macro-sociolóxica e na súa relación máis ampla coa estrutura social e o mercado de traballo |
B1 |
Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación |
B3 |
Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos |
B8 |
Comunicarse de xeito efectivo nun ámbito de traballo |
B12 |
Capacidade para interpretar, seleccionar e valorar conceptos adquiridos noutras disciplinas do ámbito social |
B14 |
Comunicar por escrito e oralmente os coñecementos procedentes da linguaxe científica |
B15 |
Capacidade para resolver problemas con iniciativa, toma de decisións, creatividade, razoamento crítico e de comunicar e transmitir coñecementos, habilidades e destrezas |
C1 |
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. |
C3 |
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. |
C5 |
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. |