Datos Identificativos | 2015/16 | |||||||||||||
Asignatura | Políticas de control de fluxos e de admisión da poboación estranxeira | Código | 615472204 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Mestrado Oficial | 2º cuadrimestre |
Primeiro | Optativa | 3 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Sesión maxistral | As sesións maxistrais consistirán nas explicación teóricas sobre os contidos da materia. As clases serán un espazo aberto ao debate e intercambio de opinións. Ademáis de lugar de encontro entre os profesores responsables e o alumnado para resolver dúbidas sobre os temas expostos e as leituras recomendadas. Para facilitar a tarefa ao alumnado estarán accesibles no Campus Virtual os materiais de apoio que empreguen os profesores nas súas explicacións (presentacións) e todo materia adicional que poida considerarse relevante (bibliografía complementaria). Debemos lembrar que a través da páxina web do ESOMI (www.esomi.es) e do perfil do facebook (esomi.udc) estarán dispoñibles para o alumnado novas, publicacións e actualidade sobre a situación da inmigración en España. A asistencia ás clases desta materia é obrigatoria ao igual que ao resto de asignaturas do máster. Lémbrase ao alumnado o requisito de asistir a un 70% das clases para poder realizar unha avaliación continua. |
Discusión dirixida | O profesorado responsable pode contemplar a opción de que o alumnado expoña durante as aulas algunhas leituras recomendadas na bibliografía ou faga pequenas exposicións sobre temas relacionados coa materia. Consideramos necesario a leitura da bibliografía recomendada da materia que reciben os alumnos e alumnas ao comezo do Máster. Ademáis, o profesorado pode facer recomendacións bibliográficas para solventar carencias de coñecementos e reforzar a aprendizaxe sobre as políticas de control migratorio. |
Traballos tutelados | Os profesores responsables da materia explicarán ao alumnado durante o desenrolo do curso o tipo de traballo tutelado que é requisito obrigatorio para superar esta asignatura. O alumando pode consultar dúbidas ao respecto das temáticas e bibliografía complementaria ao profesorado durante o desenrolo das aulas. |
Eventos científicos e/ou divulgativos | Asistencia a una charla de un gestor o técnico de una ONG en A Coruña. Para a modalidade a distancia será retrasmitida por video conferencia. |