AVALIACIÓN MODALIDADE
PRESENCIALRealizarase unha práctica colectiva que constará de dúas
partes. Na primeira parte (5 puntos), presentarase a realización dun exercicio
de observación participante; na segunda (5 puntos), responderase a cuestións de
carácter teórico sobre unha técnica cualitativa de investigación social.
A puntuación desta práctica colectiva (máximo de 10
puntos) equivale á nota final da materia. Cada grupo estará composto por un
mínimo de 2 persoas e un máximo de 3.
No caso de acudir á convocatoria de xullo, haberá que
entregar esta mesma práctica para superar a materia.
O/a alumno/a que queira optar a unha Matrícula de Honra,
terá que realizar unha recensión crítica sobre algún dos libros incluídos na
bibliografía básica. Dita recensión terá un valor máximo de 0,5 puntos sobre a
nota final.
AVALIACIÓN MODALIDADE
ON-LINELevarase a cabo unha práctica individual, formada por
varias preguntas abertas, nas cales plasmaranse aprendizaxes que demostren que
o/a alumno/a ten adquirido un coñecemento adecuado sobre cada unha das técnicas
cualitativas explicadas. Necesariamente, para resolver os exercicios
presentados, haberá que ler unha serie de textos obrigatorios e será obrigada a
consulta dalgúns dos libros da bibliografía básica.
A puntuación desta práctica (máximo de 10 puntos)
equivale á nota final da materia.
No caso de acudir á convocatoria de xullo, haberá que
entregar esta mesma práctica para superar a materia.
O/a alumno/a que queira optar a unha Matrícula de Honra,
terá que realizar unha recensión crítica sobre algún dos libros incluídos na
bibliografía básica. Dita recensión terá un valor máximo de 0,5 puntos sobre a
nota final.
OUTROS DATOS DE INTERESEDatas da
materia:
-1ª
semana: do 7 ao 11 de decembro.
-2ª
semana: do 14 ao 18 de decembro.
-3ª
semana: do 13 ao 15 de xaneiro.
-4º
semana: do 18 ao 22 de xaneiro.
Data de
entrega das prácticas:
-Para o alumnado
de ambas modalidades, as prácticas enviaranse ao correo electrónico rotero@udc.es, do 7 ao 11 de marzo
(convocatoria de xuño).
-Para o
alumnado de ambas modalidades que non teñan superado a materia na convocatoria
de xuño, ou non se presentaran a dita convocatoria, as datas de entrega das
prácticas se fixarán, aproximadamente, na primeira semana de xullo (convocatoria
de xullo). Novamente, haberá que enviar os exercicios ao correo electrónico rotero@udc.es.
Presentación
das cualificacións:
-Para a
convocatoria de xuño, as cualificacións obtidas comunicaranse a semana do 6 ao
11 de abril.
-Para a
convocatoria de xullo, as cualificacións obtidas comunicaranse,
aproximadamente, a primeira ou segunda semana do mes de xullo.