Datos Identificativos | 2015/16 | |||||||||||||
Asignatura | Planificación e xestión de destinos e novos produtos turísticos na zona costeira e termal | Código | 615488010 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Mestrado Oficial | 2º cuadrimestre |
Primeiro | Optativa | 3 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Sesión maxistral | Modalidade presencial: Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe. Modalidade a distancia: Estudio dirixido a través de lecturas de textos e de material multimedia (clases grabadas, vídeos, presentacións power point) seguindo os contidos. |
Saídas de campo | Modalidade presencial: Na medida do posible se realizará unha visita a un centro de turismo de saude e de turismo de litoral a determinar polos profesores. Esta visita será obligatoria para os alumnos con docencia presencial. Modalidade a distancia: Aos alumnos con formación en esta modalidade se lles aconsellará que na medida do posible realicen a visita a un centro próximo ao seu domicilio. |
Recensión bilbiográfica | Modalidade presencial e a distancia: Se realizará unha recensión bibliográfica que consistirá nunha lectura crítica dun artigo, ou dunha comunicación a un congreso. Como tal proceso comprende a lectura da obra, a análise do seu contido e unha crítica e valoración da mesma en relación á literatura existente sobre o tema. |
Traballos tutelados | Co fin de promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, e baixo a tutela dos docentes se fará un traballo tutelado sobre un tema proposto polos profesores. |
Presentación oral | Modalidade presencial: Os alumnos de modalidade presencial farán unha exposición oral do traballo tutelado Modalidade a distancia: Os alumnos de modalidade a distancia entregarán unha presentación power point e se organizará un foro de debate virtual na que deberán participar os alumnos.. |