O obxectivo principal do curso é proporcionar os conceptos básicos para identificar e discutir a interrelación entre distintos fenómenos demográficos e a realidade social, económica e eventualmente de política pública (causas e consecuencias da caída da fecundidade, do envellecemento da poboación e dos procesos de inmigración, entre outros).
No cumprimento deste obxectivo, o contido do curso atenderá especialmente ás poboacións dos países desenvolvidos e singularmente á poboación española. Son tamén metas deste curso o fomento do traballo persoal do alumno e a súa capacitación no manexo de instrumentos básicos na análise científica da realidade social, como as bases de datos e do material bibliográfico.
Os estudantes deberán aprender a buscar nas fontes de datos aqueles que se refiren a realidades demográficas relevantes e a producir táboas e gráficos descritivos destes.
Os estudantes deberán aprender a calcular e interpretar os indicadores básicos da análise demográfica (taxas e índices) así como a producir e interpretar táboas e gráficos que describan realidades demográficas relevantes
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías