Descrición xeral |
Esta materia pretende introducir ao alumno/a nos aspectos conceptuais, teóricos e aplicados da psicoloxía social, analizando as distintas perspectivas para o estudio da interacción entre o individuo e o grupo. Ademáis, persíguese instruilo/a nos distintos procesos psicosociais que contribúen á explicación do comportamento colectivo e a interacción social, facendo especial fincapé na percepción social, a identidade social, a atribución e a cognición social. Preténdese analizar os contextos reais e simbólicos nos que se desenvolve a conduta humana, recoñecendo a importancia do contexto e a distintividade do nivel de análise psicosocial para explicar o comportamento social nunha sociedade multicultural e globalizada. |