Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Traballos tutelados A15 A26 B1 B3 B4 B5 B13 B17 B18 B21 C3 C6 C7 C8 Elaboración tutelada das dúas prácticas obrigatorias que se presentan para superar a materia. 90
Presentación oral A13 A20 B6 C1 Cada alumno/a terá que presentar algunha das prácticas propostas ante os demais. 10
 
Observacións avaliación

A avaliación da materia sustentarase
na realización e avaliación de dúas prácticas de carácter obrigatorio:

•1ª práctica (valor máximo de 5
puntos sobre a nota final): consistirá na confección razoada e xustificada da
estrutura dun posible traballo fin de grao.

•2ª práctica (valor máximo de 5
puntos sobre a nota final): consistirá na redacción dunha comunicación
encadrada nun teórico ou real congreso científico.

Establecerase, ao longo do primeiro
cuadrimestre, unha única data de entrega presencial para cada práctica obrigatoria.
En caso de non alcanzar os 5 puntos, ou non ter presentado as prácticas obrigatorias
durante o transcurso do primeiro cuadrimestre, o/a alumno/a poderá entregalas
novamente nas datas oficiais de exame fixadas polo centro (convocatorias de
xaneiro e xullo).

O alumnado que non entregara en tempo
e forma unha das dúas prácticas obrigatorias, obtería unha cualificación final
de non presentado.











Contémplase
a realización dunha práctica voluntaria, de carácter teórico, cun valor de 1
punto sobre a nota final. Dita práctica terase en conta no cómputo da nota
final: se foron entregadas as dúas prácticas obrigatorias nas fechas acordadas
durante o transcurso do primeiro cuadrimestre; no caso de acadar en ditas
prácticas unha cualificación superior aos 4.5 puntos.