Datos Identificativos | 2015/16 | |||||||||||||
Asignatura | Estrutura e cambio social de Galicia | Código | 615G01412 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Cuarto | Optativa | 4.5 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Sesión maxistral | Explicación por parte do profesor dos contidos teórico/prácticos xerais, más suliñables e necasarios para comprender a asignatura e para levar a cabo o traballo de investigación. |
Discusión dirixida | Nesta parte da asignatura tamén se procura fomentar o traballo e espírito de equipo, noutras palabras, desenvolver a chamada intelixencia social; de xeito que o alumnado poda ver por sí mesmo as ventaxes de xuncir esforzos, fronte á empresa individual. Para acadar isto, así como para o conxunto da asignatura, se presenta o contido referido á parte práctica, no que tamén resulta fundamentel a discusión dirixida, tanto nas clases como nas titorías. Polo tanto, a asistencia e participación estímanse fundamentais no plantexamento da asignatura. Un dos obxectivos principais de calquera plantexamento didáctico debería conseguir a máxima implicación posible por parte do alumnado. E uns bos indicadores da mesma son, sen dúbida, a asistencia e a participación dos alumnos no desenvolvemento das clases, no ensino e na aprendizaxe. Por un lado, unha asistencia non coercitiva, senón acadada a traveso de despertar o interese e, polo tanto, o seguimento voluntario da asignatura. Asimesmo, a participación tamén supón un valor a fomentar e acadar no desenvolvemento destas clases, que os alumnos participen, ben facendo preguntas, debatindo, pedindo máis información, nas titorías, etc. En definitiva, estamos a falar da importancia que ten o traballo participativo do alumnado nas clases. |
Lecturas | Os textos fundamentais relacionados coa asignatura, así como aqueles outros que polo seu interese e/ou súa actualidade sexan recomendables para dotar ao alumnado dun marco teórico máis fornecido e completo, así como para darlles unha maior profundidade e especialización no ámbito da materia serán tamén tidos en conta entre o material a empregar nas clases. Sobre todo, con estas lecturas se busca que o alumnado coñeza, se informe, reflexione e dé o seu punto de vista sobre ditos contidos. Para estas lecturas, o alumnado tamén poderá apoiarse na bibliografía referenciada, así como noutras fontes de información que poidan ser útiles. |
Traballos tutelados | Cara ao traballo de investigación, o curso terá un calendario de entregas das sucesivas fases do mesmo: proxecto, marco teórico, parte empírica e análises. Estas partes teñen adicada a parte práctica da asignatura, desenvolvéndose mediante as correspondentes titorías. Estas partes ou traballos terán un calendario de entregas, que serán en formato arquivo, perante correo electrónico. |
Investigación (Proxecto de investigación) | Básicamente a asignatura xira en torno a elaboración dun traballo teórico-práctico sobre a sociedade galega, no que se pretende recoller os coñecementos adquiridos, así como as habilidades do estudante e as súas aportacións. Constituindo en conxunto a proba ou demostración do saber facer polo que vai a ser avaliado principalmente. No plantexamento desta asignatura esta parte conta cun interese e obxectivo especial, que o alumnado acade -na medida do posible- unhas habilidades para o correcto desenvolvemento dun oficio ou dunha parte do mesmo. É dicir, o que se pretende no plantexamento práctico explicitado é ensinar aos alumnos a traballar como sociólogos nun ámbito concreto como é o da materia a impartir, entendido no sentido de análise, diagnóstico e/ou tratamento das situacións, problemas e demáis feitos que afectan ás diversas formas da organización e o sistema social, neste caso da sociedade galega. Este traballo entregarase ao final do cuatrimestre en formato arquivo adxunto a través de correo electrónico. |