Datos Identificativos | 2015/16 | |||||||||||||
Asignatura | Fisioloxía do exercicio I | Código | 620G01013 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Segundo | Formación básica | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Actividades iniciais | - Con anterioridade á sesión, o alumnado deberá ter lida a Guía Docente da materia. - Presentarase a materia e resolveranse as cuestións que expoñan os alumnos sobre a mesma e, de xeito específico sobre os aspectos da Guía Docente que precisen aclaracións. - Farase un recordatorio e asesoramento sobre os coñecementos previos necesarios para progresar na materia. - Proporcionaranse orientacións e consellos xerais para o estudo axeitado da materia. - Intentaranse coñecer as motivacións e intereses do alumnado respecto da materia. |
Sesión maxistral | - Serán sesións de grupo grande (60 alumnos). - Previamente, deberán ter preparados e lidos os materiais necesarios para a adquisición dos coñecementos e competencias correspondentes aos temas que se tratarán en cada sesión. - Na plataforma Moodle dispoñerán dos obxectivos detallados para cada tema e a bibliografía recomendada, así como doutros materiais de apoio: presentacións audiovisuais, lecturas recomendadas e probas de autoavaliación. - Durante a sesión, o profesor irá explicando, coa axuda de recursos audiovisuais, os contidos nos que os alumnos encontrasen dificultades. Para iso deberán manter unha participación activa, o que significa formular dúbidas razoadas xurdidas dun traballo de lectura e reflexión dos contidos. - Así mesmo, deberán responder de modo axeitado ás preguntas que formule o profesor ou calquera dos alumnos presentes na actividade e resolver as pequenas tarefas ou problemas que vaia propoñendo o profesor. |
Prácticas de laboratorio | - As prácticas de laboratorio realizaranse en grupos medianos (de 20 alumnos) e nelas abordarase o estudo de diversos contidos da materia coa axuda de maquetas e outros recursos. - Previamente, os alumnos deberán preparar e ter lidos os materiais necesarios para a adquisición dos coñecementos e competencias correspondentes aos contidos que se tratarán en cada práctica. - Na plataforma Moodle disporán dos obxectivos detallados para cada tema e de probas de autoavaliación. - Acudirán á práctica cos materiais que utilizaron no estudo previo. - O profesor atenderá dun modo personalizado ou en pequenos grupos aos alumnos a fin de axudarlles a resolver as dificultades que atopen. - Durante a práctica os alumnos deberán manter unha participación activa e cumprir os obxectivos e as tarefas que se propuxeron con antelación suficiente. |
Obradoiro | - Serán sesións de grupo grande (60 alumnos). - Os alumnos resolverán de xeito autónomo problemas relacionados con diferentes cálculos de intensades do exercicio en función de diferentes variables e analizarán resultados dunha proba de esforzo, que posteriormente serán comentados nas horas presenciais. |
Proba de resposta múltiple | A través da plataforma Moodle, os alumnos poderán facer diferentes probas de autoavaliación para saber en que medida teñen adquiridos os coñecementos e as competencias da materia, como ferramenta preparatoria para a proba obxectiva. |
Proba obxectiva | Explícase no apartado de Avaliación. |