Esquemas |
Os alumnos realizarán representacións gráficas das situacións de xogo colectivo máis habituais no baloncesto, en especial:
1. Os bloqueos directos e indirectos, e a sua defensa.
2. As defensas en zona e como atacar as mesmas.
|
Proba mixta |
Realización dunha proba onde expresen os alumnos as respostas axeitadas as cuestións prantexadas, argumentando as mesmas. |
Práctica de actividade física |
Realización das habilidades específicas do baloncesto.
O exame práctico consistirá en tres probas: lanzamento a canastra, circuíto de bote, cambio de man entre as pernas e lanzamento en bandexa e práctica nunha situación global de xogo (3 x 3, 4 x 4 ou 5 x 5). Nesta situación de xogo global teranse en conta os aspectos básicos que deberán desempeñar como xogador con balón, compañeiro do xogador con balón e como defensores nestas dúas situacións. |