Datos Identificativos | 2015/16 | |||||||||||||
Asignatura | Metodoloxía de investigación en actividade física e deporte | Código | 620G01021 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Terceiro | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Sesión maxistral | O alumno deberá buscar información relativo aos contidos expostos na sesión maxistral. Así mesmo deberá ler comprensivamente a información atopada, asentando as ideas fundamentais dos devanditos contidos. |
Solución de problemas | Exporanse porblemas de reforzo aos contidos teóricos da materia. Problemas de estatística descritiva, descrición de realidades e análises de datos competarán este percorrido. |
Esquemas | Realizaranse esquemas e resumos dos contidos impartidos en tres momentos clave do desenvolvemento da materia. Os esquemas serán cualificados. |
Análise de fontes documentais | Esta metodoloxía permitirá ao alumno tanto valorar a calidade e os principios éticos das publicacións como o método seguido nos artigos de investigación. Tamén é importante esta actividade para ler documentos científicos que recrean os pasos do método científico. Esta actividade será cualificada. |
Investigación (Proxecto de investigación) | Nesta actividade realizarase un pequeno proxecto de investigación no que se percorrerán os distintos pasos do método científico e presentarase en formato de documento científico. Esta actividade será cualificada. Os alumnos deberán ser capaces de realizar a formulación e/ou o desenvolvemento da investigación nos ámbitos da metodoloxía experimental, a descritiva e/ou a cualitativa. Deste xeito será posible incluír varias metodolgías no desenvolvemento do proxecto de investigación. |
Mapa conceptual | É unha actividade calificable na que o alumno terá que entregar un mapa conceptual dos contidos da materia. |
Proba mixta | O alumno realizará dúas probas mixtas calificables (tests,preguntas curtas, problemas, relacionar, completar, etc). A primeira proba será realizada sobre os contidos dos dous primeiros temas da materia, deste xeito o alumno obtén información para dirixir o seu proceso de aprendizaxe. Finalizado o curso, realizarase unha segunda proba final sobre toda a materia do curso. |