Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Clase teórica dunha hora de duración, impartida con soporte informático, onde se desenvolven os contidos do programa da materia, para a súa utilización nas prácticas propostas.
Seminario Seminario por bloque de traballo: Clase expositiva por parte dos grupos de traballo, onde se mostrará a solución adoptada ao apartado correspondente do traballo tutorado. Exponse unha quenda de comentarios, onde participa o resto de grupos, sobre os aspectos do traballo que previamente se definiron.
Traballos tutelados Practica semestral que se expón a principio do semestre e desagrégase en varios apartados, cada un dos cales constitúe un bloque de aplicación dos contidos impartidos nas sesións maxistrais. Esta práctica realízase en grupo, polo que supón un traballo colaborativo e de toma de decisións compartidas.
Dentro de cada un dos apartados constituíntes da práctica tutorada, o alumno realiza de forma individual un traballo de investigacion relativo ao tema tratado no devandito bloque.
Contémplase o seguimento en forma de tutoria individualizada do traballo do alumno dentro do traballo tutorado, tanto no seu desenvolvemento presencial como non presencial.
Proba obxectiva Proba teórico/práctica utilizada para a avaliación da aprendizaxe, co trazo distintivo da posibilidade de determinar se o alumno alcanzou o nivel esperado de aprendizaxe. Constituirá un instrumento de medida, articulado rigorosamente, que permita avaliar capacidades, destrezas, rendemento, aptitudes e actitudes.
Eventos científicos e/ou divulgativos Outras actividades complementarias na formación do alumno constituídas por asistencia a conferencias, charlas, exposicións, etc.
Presentación oral Ao final do semestre, cada grupo debe facer unha exposición oral da práctica xeral realizada, presentando cada un dos apartados e participando todos os integrantes, durante un tempo fixado previamente.