Datos Identificativos | 2015/16 | |||||||||||||
Asignatura | Deseño. planificación e avaliación de propostas didácticas de tecnoloxía na educación secundaria | Código | 652602222 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Mestrado Oficial | Anual |
Primeiro | Obrigatoria | 4 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Actividades iniciais | Actividade para levar a cabo na aula en dúas fases diferenciadas: En primeiro lugar mediante unha discusión guiada polo docente, para coñecer os coñecementos previos, interese e motivación do alumnado cara á asignatura. Posteriormente daranse a coñecer os obxectivos e forma de traballo na mesma. |
Foro virtual | Espazo de comunicación entre alumnado e docente, para aclarar dúbidas e propoñer temas a debate para o estudo de casos e compartir artigos sobre os temas de estudo. |
Proba obxectiva | Para o contraste entre o realizado na aula e os coñecementos adquiridos. Consistirá no deseño de pequenas propostas de ensino-aprendizaxe. |
Traballos tutelados | Traballo individual que consistirá no deseño dunha Unidade Didáctica que cumpra os seguintes requisitos: • A METODOLOXÍA EMPREGADA NON PODERÁ SEGUIR EN NINGÚN CASO O MODELO DE PROFESOR TRANSMISOR DE COÑECEMENTO, SENDO IMPRESCINDIBLE DARLLE AO ALUMNO O PAPEL PROTAGONISTA E CONVERTÍNDOO EN CONSTRUTOR DO SEU PROPIO COÑECEMENTO. • ADEMAIS DO ÍNDICE PAXINADO INCLUIRÁ OS SEGUINTES APARTADOS: 1. Identificación, introdución, contextualización e xustificación da Unidade. 2. Vinculación co curriculum da materia. 3. Procedementos para realizar a avaliación inicial 4. Deseño de obxectivos do curso: etapa, área e específicos. 5. Contribución ao logro das competencias básicas. 6. Secuencia de contidos, estruturada nos eixes: concpetuais, procedimentais e actitudinais. 7. Metodoloxía didáctica especificando e xustificando o rol do docente e do alumnado. 8. Deseño de actividades de ensino-aprendizaxe temporalizadas, incluíndo as de reforzo e de ampliación, e as adaptacións curriculares. 9. Recursos materiais e espazos. 10. Criterios de avaliación en relación ás competencias básicas. Mínimos esixibles. 11. Procedementos e instrumentos e avaliación. 12. Criterios de cualificación 13. Medidas de atención á diversidade. 14. Contribución ao programa de educación en valores 15. Referencias bibliográficas e webgrafía • CADA APARTADO CONTARÁ COA SÚA CORRESPONDENTE INTRODUCIÓN • REALIZARASE MAIORITARIAMENTE AO LONGO DAS SESIÓNS, DURANTE AS QUE SE COMENTARÁN OS PROBLEMAS E PROGRESOS NA ELABORACIÓN DAS MESMAS. NON SENDO VALORADA NINGUNHA UNIDADE ENTREGADA QUE NON HAXA SIDO TITORIZADA POLA DOCENTE. • A EXTENSIÓN DO TRABALLO SERÁ DE 30 PÁXINAS MÁXIMO E 15 PÁXINAS MÍNIMO EN DIN A4, IMPRESAS EN ARIAL 11 A DOBRE ESPAZO E MARXES A 2 CM, EN FORMATO WORD E PDF. • ENTREGARASE A TRAVÉS DO CURSO MOODLE CORRESPONDENTE Á ASIGNATURA RECOMÉNDASE BASEARSE NO CONTEXTO DO PRÁCTICUM E INTEGRAR O PROXECTO E ACTIVIDADES DESENVOLVIDAS NO MÓDULO DE DIDÁCTICA DA TECNOLOXÍA, ASÍ COMO CALQUERA ACTIVIDADE REALIZADA EN MÓDULOS ANTERIORES |
Lecturas | Busca de información e lectura de material bibliográfico para a realización dos traballos tutelados. |
Estudo de casos | Programacións de aula xa elaboradas e postas en práctica en contextos reais. Servirá de información para a realización dos traballos tutelados. |