Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio A16 A18 A20 A21 A25 C1 C3 C4 C5 C6 C7 C8 Terase en conta a participación, o interese mostrado, a realización razoada das tarefas, ...
10
Prácticas a través de TIC A16 A18 A20 A21 A25 C1 C3 C6 C8 Valorarase o material realizado polos estudantes, a destreza e a orixinalidade na súa realización, a pertinencia e o interese dos contidos. 30
Traballos tutelados A16 A18 A20 A21 A25 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 Valorarase o grado de consecución de cada un dos traballos propostos que deben cumprir as directrices expostas de cada un deles.

Os contidos incluidos deben estar apropiadamente referenciados ao longo do traballo e no apartado de referencias usando as normas APA 6ª Edición. O texto literal debe declararse usando ditas normas. No parafraseado debe figurar as fontes orixinais das ideas que se reelaboran. A presencia de fontes científicas no traballo é un signo de credibilidade que é un requisito imprescindible para demostrar a excelencia académica.
Recoméndase consultar:
www.suagm.edu/umet/biblioteca/pdf/GuiaRevMarzo2012APA6taEd.pdf
Débese evitar o plaxio.
As citas e as referencias a calquera texto debe declararse, o uso literal do texto ou ideas doutros autores parafraseadas sen declarar a fonte supon o suspenso do traballo en aplicación do artigo 14.4 da normativa académica de avaliacións, cualificacións e reclamación, aprobada polo Consello de Goberno do 19 de decembro de 2013 na que se indica que "na realización de traballos, o plaxio e a utilización de material non orixinal, incluído aquel obtido a través de internet, sen indicación expresa da súa procedencia e, se é o caso, o permiso do seu autor/a, poderá ser considerada causa de cualificación de suspenso na actividade".

20
Proba mixta A16 A18 A20 A21 A25 C1 C6 C8 Exame: valorarase a argumentación e o rigor da resposta en cada unha das probas realizadas.
30
Presentación oral A16 A18 A20 A21 A25 C1 Valorarase a claridade e a habilidade para presentar a información, a comunicación de resultados e as conclusións. 10
 
Observacións avaliación

Os porcentaxes da avaliación son orientativos, poden modificarse ó longo do curso escolar dependendo do grupo-aula.

É obrigatoria a asistencia do alumno ao 80%  das sesións de aula, posto que a avaliación é continua.

A cualificación final na 1ª oportunidade será a media ponderada das cualificacións dos traballos e da proba escrita, debendo acadar na proba escrita un mínimo de 5 puntos sobre 10 para facer media, senon a cualificación final será de SUSPENSO. O alumno ou alumna que non acade a porcentaxe do 80% de asistencia, a súa cualificación na 1ª oportunidade será de NON PRESENTADO.

Na 2º oportunidade realizarase únicamente a proba mixta final na data fixada para o exame no calendario oficial. Esta proba ponderará o 100% da cualifiación para o alumnado que non acadase o 80% da asistencia, mentres que para o resto do estudantado ponderará a porcentaxe fixada na avaliación (30%). É dicir, as cualificacións dos traballos tutelados, das prácticas e da presentación oral acadadas na 1ª oportunidade manteranse nesta 2ª oportunidade.