Datos Identificativos | 2015/16 | |||||||||||||
Asignatura | Inserción e orientación laboral | Código | 652606612 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Mestrado Oficial | Anual |
Primeiro | Obrigatoria | 4 | ||||||||||
|
Resultados de aprendizaxe | Competencias / Resultados do título | ||
Identificar as atribucións docentes e as funcións do profesorado da especialidade de FOL no campo da orientación profesional e compreder a importancia e necesidade de formación neste campo | AP15 |
CM7 |
|
Analizar o currículo das materias e módulos da especialidade de FOL tendo como criterios as características conceptuais da orientación profesional, as áreas e modelos de intervención. | AP15 AP16 |
||
Analizar o desenvolvemento teórico da orientación, coñecer as características conceptuais, as áreas, os principios e os modelos de intervención da orientación profesional e reflexionar sobre as súas implicacións para a práctica. | AP15 AP17 AP19 |
||
Utilizar axeitadamente a terminoloxía do campo da orientación e inserción profesional. | CM1 |
||
• Analizar as funcións sociopolíticas da orientación profesional reflexionar sobre as posibilidades e características dunha orientación profesional para o cambio que incida nunha praxe non discriminatoria | AP15 AP19 |
CM4 |
|
Identifica-los factores que interveñen na inserción laboral e analiza-la súa relación coas áreas de intervención. | AP19 |
||
Analizar a influenza do xénero na toma de decisións académicas e profesionais e na inserción laboral e identificar os indicadores da desigualdade de xénero no sistema educativo e no mercado laboral. | AP19 |
CM4 |
|
Analizar e deseñar programas e materiais de orientación profesional para o ensino secundario, para a formación profesional básica e para os ciclos formativos. | AP20 AP21 AP25 |
||
Comprender a necesidade de incorporar o enfoque de xénero na orientación profesional e deseñar propostas didácticas nas que se integre. | AP18 AP20 |
||
Coñecer as posibilidades de utilización de Internet e da web 2.0 na OP e concretalas na programación das materias da especialidade | AP16 AP19 AP20 |
CM3 |
|
Coñecer a evolución e situación actual da orientación profesional no sistema educativo e no ámbito laboral, principalmente, no que fai ós aspectos organizativos, funcionais e profesionais. | AP17 |
CM7 |