Presentación oral |
C3 |
Exposición do traballo tutelado |
10 |
ACTUALIZACIÓN DO PERFIL PERSOAL - Como máis tardar, na segunda sesión de clase, todo o alumnado ha de actualizar o seu perfil na plataforma de moodel, na que hai que pendurar unha foto actual.
ASISTENCIA- A asistencia ás sesións presenciais é obrigatoria.
- O alumnado con asistencia regular que non acudira a unha aula na que se realizase algunha actividade debéraa de facer individualmente e entregala na seguinte sesión.
- Se un/ha alumno/a non acada o 80% da asistencia, terá unha
cualificación de non presentado na primeira oportunidade. A asistencia
xustifícase en base a que unha boa parte das actividades de avaliación
desenvolvense na aula. Na oportunidade de xullo realizará un exame
teórico e práctico. Tamén se poderá acordar a realización dalgunhas
actividades. - Aquelas persoas con matrícula a tempo parcial
poderán acollerse a unha modalidade de avaliación específica. Para isto,
cómpre solicitar unha titoría, antes ou inmediatamente despois do
inicio da materia, co obxecto de establecer as actividades de avaliación
e o proceso de supervisón e seguemento .
A cualificación final será o resultado das puntuación obtidas nas tres actividades de avaliación: - Cartafol individual (5 puntos)
- Presentación oral (1 puntos)
- Para superar a materia é indispensábel obter a metade da cualificación no cartafol individual e nas actividades grupais. Cando non se realice algunha das tres actividades a cualificación será non presentado. Na segunda oportunidade deberán de facerse as actividades de avaliación non superadas (cartafol individual e tarefas grupais).
- O portafolio do alumnado é unha actividade individual e ha de conter os seguintes apartados:
- Aprendizaxes adquiridas (que sabía /que aprendín, utilizando como criterios os resultados de aprendizaxe da materia)
- Reflexión sobre o proceso de aprendizaxe (forma de afrontar o estudo, dúbidas, dificultades e superación das mesmas, cuestións nas que afondar...
- Relación/vinculación coas materias do módulo xenérico e nomeadamente coas materias do itinerario de FOL.
- Aplicación na elaboración do TFM
- Aportacións para a observación e análise durante o Practicum
- Balance de competencias profesionais e ámbitos nos que seguir formándose.
- Elaboración dun glosario de termos e un mapa conceptual dos contidos da materia.
- Relación co resto das materias do módulo específico.
- Valoración e reflexión da propia presentación oral.
CARTAFOL GRUPAL - Ó rematar a materia e na data que se fixe, cada grupo presentará un cartafol grupal que ha de incluir:
- As actividades realizadas en grupo e unha reflexión/valoración sobre as aprendizaxes adquiridas.
- As fichas de auto-avaliación e co-avaliación das tarefas grupais e do funcionamento do grupo.
- Número e obxectivos das reunións realizadas.
- Balance sobre o funcionamento do grupo (cambios introducidos para a súa mellora do funcionamento do grupo, fortalezas e debilidades).
- Valoración argumentada das presentacións orais do resto dos grupos.
- Para cualificar as actividades grupais tense en conta a autoavaliación e coavaliación realizada entre e polas persoas do grupo. O procedemento e criterios para estas modalidades de avaliación serán fixados en colaboración co alumnado.
FALTA DE INTEGRIDADE ACADÉMICA Ausencia de citación de fontes - As citas e referencias a calquera tipo de texto deben declararse, o uso de texto literal ou ideas doutros autores ou autoras parafraseadas sen declarar a fonte supón o suspenso do traballo en aplicación do artigo 14.4 da Normativa académica de avaliacións, cualificacións e reclamacións, aprobada polo Consello de Goberno do 19 de decembro de 2013, que establece “na realización de traballos, o plaxio e a utilización de material non orixinal, incluído aquel obtido a través de internet, sen indicación expresa da súa procedencia e, se é o caso, o permiso do seu autor/a, poderá ser considerada causa de cualificación de suspenso na actividade"
- Os contidos incluídos nos traballos deben estar referenciados ao longo do texto e no apartado de referencias usando as normas APA 6ª edición. O texto literal debe declararse usando as normas APA 6ª edición. No parafraseo deben figurar as fontes orixe das ideas que se re-elaboran.
Plaxio - O plaxio en calqueira das actividades da avaliación será motivo de suspenso.
Falsificar unha sinatura - Asinar na folla de asistencia por unha compañeira ou compañeiro ausente será penalizado coa perda de avaliación continua. A avaliación da oportunidade de xuño será non presentado.
NORMATIVA ACADÉMICA DE AVALIACIÓNS, CUALIFICACIÓNS E RECLAMACIÓNS
- Valoración e reflexión sobre a propia presentación oral.
- Para avaliar a presentación oral tamén nos imos valer da co-avaliación e auto-avaliación.
|