Datos Identificativos | 2015/16 | |||||||||||||
Asignatura | Métodos e Técnicas da Avaliación de Centros | Código | 652711208 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
1º e 2º Ciclo | 1º cuadrimestre |
Segundo | Obrigatoria | 3.5 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Proba mixta | Ademáis da avaliación continua realizada, a exame final fixada pola Xunta de Facultade realizarase mediante unha proba mixta. Esta proba, integrará preguntas tipo de probas de ensaio (abertas e de desenvolvemento) e preguntas tipo de probas obxectivas, que poderán combinar preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación. |
Sesión maxistral | Algúns contidos do programa precisan unha exposición maxistral por parte do profesorado para centrar o proceso de ensino-aprendizaxe. Por iso, as clases expositivas céntranse na exposición oral dos ditos contidos, complementada co emprego de medios audiovisuais e a introdución dalgunhas preguntas dirixidas ao alumnado, coa finalidad de transmitir coñecementos e facilitar a súa aprendizaxe. |
Aprendizaxe colaborativa | As clases expositivas combinaranse con clases interactivas guiadas polo profesorado e nas que o alumnado cobra un papel importante. Nas clases interactivas, empregaranse un gran conxunto de procedementos de ensino-aprendizaxe guiados de forma presencial e/ou apoiados con tecnoloxías da información e as comunicacións, que se basean na organización da clase en pequenos grupos nos que o alumnado traballa conxuntamente na resolución das tarefas asignadas polo profesorado para optimizar a súa aprendizaxe e a dos outros membros do grupo. |
Resumo | O resumo consiste na síntese dos principais contidos traballados. O alumnado empregará esta metodoloxía para recopilar a información adquirida tanto nas clases expositivas como nas interactivas xa que é un recurso óptimo para facilitar a comprensión dos textos e a concentración persoal sobre o material obxecto de estudo. É tamén unha axuda importante para o repaso e a preparación de exames. Finalmente, recopilará toda esta información nunha Reflexión Final da materia que se entregará a final de curso. |