Datos Identificativos | 2015/16 | |||||||||||||
Asignatura | Métodos e Técnicas da Avaliación de Centros | Código | 652711208 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
1º e 2º Ciclo | 1º cuadrimestre |
Segundo | Obrigatoria | 3.5 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación | |||||
Proba mixta | Ademais da avaliación continua realizada, a exame final fixada pola Xunta de Facultade realizarase mediante unha proba mixta. A exame centrarase nos contidos traballados en todas as clases (expositivas e interactivas). O sistema de corrección da dita proba será o seguinte: - Para preguntas de verdadeiro/falso: unha resposta incorrecta, restará unha resposta correcta. - Para preguntas de varias alternativas aplicarase a fórmula de corrección ao azar: acertos - errores/nº alternativas - 1. A puntuación total da exame é de 8 puntos pero é preciso acadar a mitade da puntuación (é dicir, 4 puntos) para poder aprobar a materia. Esta puntuación deberá estar repartida entre a parte teórica e a parte práctica (é dicir, 2 puntos en cada unha como mínimo). |
80 | ||||||
Resumo | Para a realización do traballo colaborativo, é preciso formar pequenos grupos de traballo. Para realizar esta tarefa, débese ter en conta o seguinte: - Formaranse grupos pequenos (non máis de 4 persoas). - Cada grupo elixirá unha persona coordinadora, encargada de presentar e defender as ideas do seu grupo de traballo, no caso no que se lle solicite, que será rotativa en cada práctica. - Estos grupos formaranse o primeiro día de clase polo profesorado. - Sobre todo o traballo realizado, entregarase unha reflexión final da materia (individual) que será valorada co 20% da calificación final da materia. Esta reflexión final deberá constar de: * Valoración persoal con respecto ao funcionamento do seu grupo de traballo: rol desenvolvido no equipo, como se organizou o traballo,... * Reflexión persoal acerca dos contidos desenvolvidos: que aprendín, que sei facer agora,... * Valoración da metodoloxía seguida nas clases. * Reflexión persoal acerca das competencias adquiridas con respecto ás indicadas na Guía Docente. * Valoración persoal con respecto á práctica profesional: aplicacións prácticas dos contenidos ao mundo da educación social, que aprendín para o meu futuro profesional,... * Apreciacións personales sobre as titorías realizadas: horarios, puntualidade, trato, principais dúbidas consultadas, principais funcións das titorías (persoal, académica, profesional,...). * Análise das prácticas realizadas ao longo das clases interactivas. * Valoración da temporalización dos traballos efectuados. * Apreciación persoal con respecto aos criterios de avaliación planificados. * Outros aspectos: calquera outra consideración a maiores do solicitado como suxestións, materiais elaborados a maiores polo alumnado co fin de completar os contidos, referencias bibliográficas ou webs consultadas,... É dicir, a reflexión final debe ser a valoración final froito do traballo do curso completo e o prazo máximo de entrega será a semana seguinte de finalizar as clases. A puntuación deste traballo é de 2 puntos pero é preciso acadar a mitade da puntuación (é dicir, 1 punto) para poder aprobar a materia. |
20 | ||||||
Observacións avaliación | ||||||||
|