Datos Identificativos | 2015/16 | |||||||||||||
Asignatura | Psicoloxía do desenvolvemento de 0 a 6 anos | Código | 652G01004 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Primeiro | Formación básica | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Aprendizaxe colaborativa | A3 A15 B1 B5 B11 B24 C4 C6 C7 | Traballo en grupos de catro persoas que consiste na realización de actividades a facer na aula e fóra dela para cada un dos temas. Estas actividades colaborativas serán basicamente de orientación-execución ou demostración-práctica. Este traballo realizarase para que o alumnado comprenda significativamente a información e a integre na súa estrutura de coñecementos. | 0 |
Traballos tutelados | A2 A4 B1 C6 | Informe do traballo individual e grupal realizado para a elaboración de actividades de orientación-execución e de demostración-práctica. Este informe entregarase a través da plataforma virtual Moodle da Universidade da Coruña. |
20 |
Análise de fontes documentais | B11 | Busca de fontes documentais para descubrir os contidos propios e específicos da disciplina e o currículo da educación infantil. | 0 |
Investigación (Proxecto de investigación) | A2 A4 B1 B5 B11 C6 C7 | Trátase de identificar, analizar e estudar algunhas das características psicoevolutivas dunha pequena mostra de alumnado de infantil e elaborar informes/artigos psicoeducativos, a partir da observación participativa ou da aplicación de probas, en base aos datos obtidos. Todo isto farase a través dun proceso de discusión en pequenos grupos de traballo. Este informe entregarase a través da plataforma virtual Moodle da Universidade da Coruña. |
40 |
Proba de ensaio | A2 A4 | Proba de carácter individual para verificar o grao de adquisición das competencias do "saber" e "saber facer". | 40 |
Observacións avaliación | |||
1ª CONVOCATORIA. Dependendo da asistencia continuada ou non as clases, hai dúas modalidades de seguir a materia de “Psicoloxía do desenvolvemento de 0 a 6 anos” que determinan dous modos diferentes de avaliación: Modalidade A: Avaliación Continua e Modalidade B de Avaliación Final
a/ Da exposición oral e presentación por escrito das actividades de grupo de cada un dos temas (traballos tutelados) que suporán un máximo dun 20% da cualificación b/ Da presentación por escrito das prácticas grupais que se suxiren para cada tema (investigación -proxecto de investigación-) e que suporán un máximo do 40% da cualificación. c/ Da proba do ensaio individual sobre os contidos teórico-prácticos da materia. Isto representa como máximo un 40% da cualificación. Para superar satisfactoriamente a materia será necesario presentar todas A cualificación final será a suma das puntuacións obtidas • Modalidade B: Avaliación Final. Para aquel alumnado que non asista ao 85% das horas presenciais, a nota final virá determinada por unha proba final escrita dos contidos teórico-prácticos da materia. A data para esta proba será a fixada polo Centro. OUTRAS CONVOCATORIAS Nas restantes convocatorios seguirase a Modalidade B anterior, isto é proba escrita dos contidos teórico-prácticos da materia do curso académico correspondente. |