Metodoloxías
Análise de fontes documentais
Traballos tutelados
Sesión maxistral
Aprendizaxe colaborativa
Descrición
As dúbidas e demandas de orientación que xurdan das sesións maxistrais, análise de fontes documentais, traballos tutelados, lecturas, e preparación da proba de ensaio, serán atendidas pola profesora da materia durante o horario de titorias fixado de forma oficial.

De maneira máis específica, e no marco das sesións interactivas, a profesora ofrecerá atención personalizada mediante a que levará o seguimento e orientación do traballo tutelado que se realice ao longo do cuadrimestre. Como este traballo se realizará en grupo, é recomendable que cada grupo realice unha titoría obligatoria, fóra do horario de docencia presencial da materia, que permita traballar sobre o funcionamento do propio grupo.