Datos Identificativos | 2015/16 | |||||||||||||
Asignatura | Valores e educación para a igualdade | Código | 652G01008 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Primeiro | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Análise de fontes documentais | A5 A12 A13 A26 B3 B4 B5 B6 B9 B10 B11 B22 B23 B24 C1 C3 C4 C7 | Análise e discusión de documentos e fontes relevantes así como desenvolvemento de actividades prácticas. | 10 |
Traballos tutelados | A4 A6 A9 A10 A11 A12 A13 A22 A23 A25 A26 B3 B4 B5 B6 B9 B10 B11 B22 B23 B24 C1 C3 C7 | Para avaliar os traballos teranse en conta os seguintes aspectos: ELABORACIÓN: - Estrutura: aspectos formais, organización do contido, claridade expositiva e corrección gramatical. - Contido: Comprensión de ideas básicas, dominio conceptual, búsqueda e uso de distintas fontes complementarias e actuais. EXPOSICIÓN: - Orden na exposición. - Relevancia e organización dos contidos expostos. - Coordinación da exposición (que reflicta un traballo colaborativo, non unha suma de partes). - Nivel de comprensión dos contidos básicos. - Claridade expositiva e corrección lingüística. - Creatividade (presentación suxestiva, motivadora, dinamizadora da participación das/os compañeiros/as...) - Uso de recursos... |
30 |
Recensión bilbiográfica | A13 A26 B3 B4 B5 B6 B10 B11 B22 C1 C4 C7 | Proceso de lectura crítica dun libro ofertado pola profesora. Comprende ademais da lectura da obra en cuestión, a análise do seu contido, unha crítica e mesmo unha valoración en relación con outros documentos de igual ou parecida natureza. Facilitaránse unhas pautas que permitirán a elaboración do mesmo. | 10 |
Presentación oral | A13 A26 B3 B5 B6 B10 B11 B22 B23 C1 C3 C4 C7 | Valoración incluida no traballo tutelado | 0 |
Proba de ensaio | A4 A5 A6 A9 A12 A13 A26 B3 B6 B9 B10 B11 B22 C1 C4 C7 | A proba de ensaio, de carácter individual, utilizada para a avaliación da aprendizaxe o remate do curso consistirá en dar resposta ás cuestións prantexadas que implicarán un tratamento global e integrado dos contidos abordados ao longo da materia. |
50 |
Observacións avaliación | |||
1. OPCIÓNS DE AVALIACIÓN Atendendo ó traballo e á participación do alumnado na materia, a avaliación contempla dúas opcións: Opción A: Para o alumnado que asiste/participa nas actividades de aula (asistencia mínima 85%), correspóndelle a modalidade de avaliación arriba exposta. A convocatoria de xullo estará sometida aos mesmos criteriso que a convocatoria de maio. Opción B: Para o alumnado que non asiste/participa nas actividades de aula (asistencia inferior ao 85%), e por tanto con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, 2. OBSERVACIONS ADICIONAIS: - A asistencia as sesións de clase é imprescindible e será considerada de forma positiva no proceso de avaliación. Como xa se dixo, a presencialidade ven determinada por unha asistencia mínima do 85%. - Para superar a materia é imprescindible presentar todas as actividades e prácticas propostas ademáis de realizar a proba de ensaio. De faltar algunha actividade ou práctica non hai opción a facer a proba escrita e por tanto, a materia quedará pendente para xullo. - A cualificación final sera a suma das puntuacións obtidas en cada un dos elementos de avaliación segundo o seu peso respectivo. Gardaranse as partes superadas da materia de unha convocatoria a outra, dentro do mesmo curso académico. - No caso de que a avaliación resulte negativa ó final do cuadrimetre, na oportunidade de xullo só se repetirá a proba escrita. - É obrigatorio pasar pola titoría mentres se estea no proceso de elaboración do traballo tutelado. Este entregarase e expoñerase na data que se indique. Para presentarse ao examen é condición indispensable ter presentado o traballo. - Calquera circunstancia persoal que poida alteirar o seguimento da materia por parte do alumnado deberá ser comunicada de inmediato para a súa oportuna e axeitada consideración e mesmo para tomar as medidas a que houbera lugar en cada caso. -Ao longo do 2º cuadrimestre pode haber actividades de carácter -Os alumnado repetidor da materia obrigatoriamente deberán poñerse en contacto ca profesora antes de que remate o mes de febreiro do presente curso académico para que lle indique, segundo os casos, a relación de traballos que terán que realizar de maneira individual. En calquera caso, establecerase unha proba oral ou escrita, segundo os casos, con carácter obrigatorio para todos o final do cuatrimestre, na data sinalada oficialmente, e que suporá o 50% da nota final. O outro 50% corresponderá ós traballos que en cada caso sexan asignados expresamente ao alumnado . |