Metodoloxías Descrición
Lecturas Documentos para a ampliación dos contidos traballados na aula.
Obradoiro Resolución de tarefas prácticas a través de diversas metodoloxías (exposicións, simulacións, debates, prácticas guiadas, etc.), co apoio e supervisión do profesorado.
Presentación oral Exposición verbal na que se abordan contidos da materia de forma dinámica.
Traballos tutelados Traballo en grupo que consistirá na elaboración dunha proposta didáctica para levar a cabo nunha aula de Educación Infantil.
Saídas de campo Visitas a centros escolares para aplicar unha proposta didáctica.
Proba de ensaio Proba consistente en preguntas de certa amplitude, en que se valora o coñecemento dos contidos, a capacidade de razoamento e o espírito crítico, así como a claridade expositiva e a corrección expresiva.
Sesión maxistral Exposición dos contidos da materia por parte do profesorado.