Descrición xeral |
A materia está orientada ao traballo experimental, activo e vivencial, de cara a descubrir e comprender o contorno, o medio galego, como un recurso didáctico e como unha fonte versátil de aprendizaxe. Preténdese que o alumnado coñeza, deseñe e experimente con recursos, ferramentas e materiais didácticos.
Ensáiase, de maneira experimental, a metodoloxía de traballo por proxectos. Asi, a materia vana definindo a propia dinámica do curso e os centros de interese do alumnado, polo que se trata dun programa flexible e aberto. O núcleo da materia está formado pola propia metodoloxía experimental na que se fomenta a participación activa, a creatividade e a autonomía.
Realízanse obradoiros, actividades interdisciplinares e saídas culturais.
|