Datos Identificativos | 2015/16 | |||||||||||||
Asignatura | Practicum I | Código | 652G03027 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Terceiro | Obrigatoria | 12 | ||||||||||
|
Código | Competencias / Resultados do título |
A1 | Coñecer os campos da educación social e recoñecer novos ámbitos emerxentes. |
A3 | Analizar as políticas de benestar social e a lexislación que sustentan os procesos de acción socioeducativa. |
A5 | Identificar e analizar os factores contextuais que afectan os procesos de intervención socioeducativa. |
A11 | Observar, analizar, interpretar procesos de mediación social, cultural e educativa. |
A14 | Identificar e emitir xuízos razoados sobre problemas socioeducativos para mellorar a práctica profesional. |
A20 | Desenvolver unha disposición favorable ao traballo en contornos multiculturais e plurilingüísticos. |
B2 | Redactar e presentar informes técnicos, memorias, regulamentos ou calquera outro documento básico que contribúa a regular a acción socioeducativa. |
B5 | Capacidade de mostrar actitudes coherentes coas concepcións éticas e deontolóxicas propias da profesión. |
B6 | Adquirir e dominar habilidades comunicativas que permitan transmitir información, ideas e propostas a diversas audiencias. |
C1 | Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. |
C4 | Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. |
C7 | Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida. |
C8 | Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. |