Datos Identificativos | 2015/16 | |||||||||||||
Asignatura | Estancias Prácticas II | Código | 653G01210 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Segundo | Obrigatoria | 4.5 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Sesión maxistral | A2 A7 B3 B10 | Valorarase a participación e o interese do estudante durante as sesións maxistrais, as intervencións que realice durante as mesmas e a evolución observada na adquisición de coñecementos. Ten CARÁCTER OBRIGATORIO. | 10 |
Traballos tutelados | B6 B8 B9 B11 B15 B19 C1 | Valorarase a planificación da intervención que desenvolva e argumente o alumno, a capacidade reflexiva e a lóxica do pensamento e os criterios teóricos aplicados a situacións reais e cotiás, o rigor técnico das súas propostas e a coherencia nos seus informes. O seguimento dos traballos tutelados farase durante as tutorías personalizadas, que teñen CARÁCTER OBRIGATORIO. |
35 |
Presentación oral | B7 B8 | Valorarase a planificación realizada da exposición oral, así como a claridade dos contidos e a síntese das conclusións alcanzadas. Valorarase tamén a capacidade de comunicar o traballo desenvolvido, co apoio dos medios audiovisuais que o estudante elixa. Ten CARÁCTER OBRIGATORIO. | 20 |
Saídas de campo | A6 A17 B31 | Valorarase o traballo desenvolvido nas saídas de campo que o estudante realizará de forma autónoma (acompañado do outro compoñente da súa parella de traballo), a observación realizada das contornas, a detección dos condicionantes relevantes para o desempeño, e a capacidade de modificar contornas reais para que faciliten a autonomía. Esta valoración farase nas tutorías personalizadas, que teñen CARÁCTER OBRIGATORIO. |
35 |
Observacións avaliación | |||
A materia de Estancias Prácticas II aborda contidos prácticos tales como a observación e valoración inicial, a planificación da intervención sobre a contorna, e o rexistro da información de todo o proceso. Estes contidos traballaranse en grupo e de forma individual, de forma autónoma e tutelada. A realización das actividaes propostas no horario de clase é necesaria para a adquisición das competencias e as habilidades traballadas na materia: por todo iso, a ASISTENCIA É OBRIGATORIA E NECESARIA PARA A SUPERACIÓN DA MATERIA. PARA SUPERAR A MATERIA ESÍXESE UN 85% DE ASISTENCIA, PERMITINDO UN 15% DE AUSENCIAS DOCUMENTALMENTE XUSTIFICADAS.
|