Traballos tutelados |
A13 B4 B9 C1 |
Corrección do contido do traballo, do grao de cumprimento do modelo e valoración da exposición. |
15 |
Para superar a materia, requírense 5 puntos.
- O seminario consiste na asistencia a relatorios, a discusión dun artigo, noticia, etc. Terá un valor do 10%. - O traballo tutelado realizarase en grupo. É obrigada a súa exposición pública. Obterase un resultado en grupo en canto ao contido e a presentación. Tamén se obterá un resultado individual respecto á exposición. O seu valor total é do 15% - As prácticas están formadas por exercicios, casos, cuestións, etc. Realizaranse nas clases prácticas (puntuando saír ao encerado) e na plataforma moodle (puntuando a realización das actividades propostas). O seu valor é do 15%. - As probas obxectivas son dous. O seu valor é do 60%. Sempre que se supere o 3,5 nalgunha, é eliminatoria respecto ao exame final. A nota final é a suma ponderada das catro metodoloxías. No exame final de maio, terase en conta os resultados de seminario, traballo tutelado e prácticas. No exame final de xullo, a nota final corresponderá coa nota da proba obxectiva.
|