Datos Identificativos | 2015/16 | |||||||||||||
Asignatura | Fisica Aplicada I | Código | 670G01002 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Primeiro | Formación básica | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias | Descrición | Cualificación |
Proba obxectiva | B5 B6 B16 | Na avaliación continua realizaranse dúas probas obxectivas de resolución de problemas prácticos correspondentes aos dous bloques temáticos da materia. | 80 |
Proba de resposta breve | A1 C6 | Na avaliación continua, realizaranse dúas probas de cuestións curtas correspondentes aos dous bloques temáticos da materia. Serán resoltas individualmente polo alumno na aula ao finalizar os bloques temáticos. | 20 |
Observacións avaliación | |||
A avaliación dos contidos dividirase en dous partes, coincidindo cos dous BLOQUES nos que se estruturou o temario da materia:
Será requisito obter unha puntuación mínima en cada un dos bloques para superar a materia. O alumno poderá ser avaliado de dous modos diferentes: ou ben a través dunha "avaliación continua" ou ben a través dunha "avaliación final" AVALIACIÓN CONTINUAO traballo do alumno será avaliado de forma continua a través da resolución dos problemas e casos prácticos expostos nas probas obxectivas parciais e a través da resolución de cuestións teóricas-prácticas expostas en probas de resposta breve. Todas estas probas serán realizadas en período de actividade académica.
Aqueles alumnos que a través destes apartados alcancen 5 puntos e ademais cumpran o requisito de alcanzar unha puntuación mínima global de 1,5 puntos en cada bloque temático, aprobarían a materia. En caso contrario, os alumnos poderán acollerse á modalidade de avaliación final. AVALIACIÓN FINALCalquera alumno terá dereito a seguir a avaliación final, aínda que inicialmente optase por realizar a avaliación continua. Esta avaliación realizarase coincidindo coas oportunidades oficiais e consistirá nunha proba obxectiva final que se dividirá en dous partes, destinadas cada unha delas á avaliación dun bloque de contidos. Cada bloque á súa vez estará composto por cuestións e problemas prácticos. A puntuación de cada apartado será a que se estableceu anteriormente, sumando un total de 10 puntos. Do mesmo xeito que na avaliación continua, para aprobar a materia, os estudantes deben alcanzar un mínimo de 5 puntos e ademais alcanzar unha puntuación mínima global de 1,5 puntos en cada un dos bloques temáticos. Os criterios de avaliación serán os mesmos para as dúas oportunidades oficiais. CUALIFICACIÓN Ao final do proceso de avaliación:
A cualificación de "Non Presentado" figuraralle a aqueles alumnos que non aprobando a materia mediante avaliación continua, non se presenten á proba final das correspondentes oportunidades oficiais. |