Datos Identificativos | 2015/16 | |||||||||||||
Asignatura | Patoloxía e Rehabilitación | Código | 670G01029 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Terceiro | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Temas | Subtemas |
BLOQUE TEMÁTICO 1. A ACCIÓN RESTAURADORA E REHABILITADORA. O MANTEMENTO 1. A degradación dos edificios e do espazo urbano: a intervención - O proceso degradatorio -A intervención: restaurar, rehabilitar e reparar. Diferenzas con conservación e mantemento - Accións necesarias en calquera intervención 2. A acción restauradora - O Patrimonio: evolución e modalidades, causas de destrución, ferramentas de protección - Criterios de intervención en restauración: doutrinas, documentos e cartas internacionais. Restauración activa e pasiva: exemplos. Tipos de intervención - Organismos xestores 3. A acción rehabilitadora - A rehabilitación dos edificios: esixencias básicas, actuacións e tipos de intervención; graos e alcance da rehabilitación; criterios da intervención - A rehabilitación, rexeneración e renovación urbana - Xestión da rehabilitación 4. Nocións básicas de mantemento: o deber legal de conservación, mantemento preventivo e correctivo |
INTERACTIVA 1.1. Análise crítica de diversas actuacións - Identificación e análise de intervencións no patrimonio arquitectónico con diferentes criterios: información fotográfica. INTERACTIVA 1.2. NTERVENCIÓN NUN EDIFICIO Trátase de analizar, dunha forma xeral, a necesidade de intervir sobre un edificio ou conxunto, ou sobre algún elemento significativo, do noso patrimonio construído elixido polo alumno. Analizaranse e describirán para este, dunha forma xeral, as accións necesarias en calquera intervención: - Actuacións previas: estudos previos de información sobre o edificio e o seu ámbito (históricos, arquitectónicos, urbanísticos, etc.), esbozo, definición métrica do estado actual, fotografías - Estudo construtivo: sistemas construtivos utilizadas |
BLOQUE TEMÁTICO 2. PROCESOS PATOLOGICOS E METODOLOXÍA DE ESTUDO 1. Lesións nos elementos construtivos: físicas (humidade, erosión, sucidade), mecánicas (deformaciones, grietas, fisuras, desprendementos, giros, deslizamiento, erosións, organismos), químicas (eflorescencias, oxidación e corrosión, organismos, erosión) 2. Os procesos patolóxicos. Factores intrínsecos e extrínsecos que contribúen á deterioración dos materiais: biolóxicos, físico-químicos e mecánicos 3. A metodoloxía no estudo patolóxico: observación, recoñecemento e toma de datos, análise de datos e reconstrución do proceso patolóxico. Identificación de causas e avaliación da magnitude do proceso Informe do diagnóstico. Conclusións. Proposta de actuación. 4. Técnicas de diagnóstico e inspección e ensaios. Inspección mediante catas e pozos. Ensaios ou inspeccións non destrutivas e e. destrutivos. Diagnóstico do estado xeral do elemento construtivo: higrómetro, termohigrómetro, auscultación endoscópica e termografía infravermella. |
INTERACTIVA 2.1. - Identificación e lesións de diverso tipo en diferentes edificios: información fotográfica. INTERACTIVA 2.2. Sobre o edificio elixido ou outro: - Análises e elección de fichas de toma de datos, que permitan desenvolver unha metodoloxía axeitada no estudo patolóxico da estrutura - Observación, recoñecemento e toma de datos de lesións en muros ou cerramentos, estrutura de formigón, cuberta ou forxado de madeira e nalgún elemento metálico. - Identificación de materiais diversos. - Procedemento de representación de lesións e datos: aplicación a diferentes elementos construtivos do edificio: muro de fábrica, forxado de madeira, elemento metálico e elementos dunha estrutura de formigón |
BLOQUE TEMÁTICO 3. PROCESOS PATOLOGICOS DOS MATERIAIS E ELEMENTOS CONSTRUTIVOS 1. Materiais pétreos e cerámicos. Principais axentes de deterioración: a auga, os contaminantes atmosféricos, os sales solubles e organismos colonizadores. Os procesos de deterioración: p. mecánicos, físicos (xeo-desxeo, cristalización de sales), químicos (disolución, hidrólise, complexación, hidratación) e biolóxicos. O problema do ácido carbónico e do ácido sulfúrico nos materiais pétreos. Técnicas de caracterización: DRX e t. de microscopía. Propiedades físicas e mecánicas. Avaliación da compatibilidade dos morteiros e a súa adecuación co funcionamento das fábricas. 2. A madeira: Procesos de deterioración biótica e abiótica na madeira. Durabilidade natural da madeira. Normativa. Identificación de puntos críticos que se poden presentar nos diferentes elementos construtivos. Aplicación de técnicas de inspección non destrutivas: higrómetro, resistógrafo, resistencia ao paso da corrente eléctrica, asignación visual de clases resistentes, velocidade de propagación de ondas ultrasónicas, e ensaios de elementos estruturais e probas de carga. Sistemas de protección. 3. Metal: a corrosión química ou ambiental e a corrosión electrolítica. Factores determinantes da corrosión: humidade, substancias captadoras de electróns, a condutividade iónica do medio, formación de películas, as heteroxeneidades. Morfoloxía dos fenómenos corrosivos. Aplicación de técnicas de inspección non destrutivas no aceiro: Ensaio de líquidos penetrantes, e. de partículas magnéticas, e. de corrosión e e. de ultrasóns. A prevención: sistemas de protección. Preparación de superficies e sistemas de pintura recomendados segundo a agresividade ambiental. 4. O formigón. Procesos de degradación do formigón: mecánicos, físicos (xeo-desxeo, fisuración térmica, cristalización de sales)y químicos. Esixencias durabilidade do formigón (EHE-08). Procesos de carbonatación, ataque por ións cloruro e corrosión de armaduras. Outros ataques ao formigón. Estimación da resistencia do formigón. A Norma UNE-EN 13791: Avaliación da resistencia a compresión in-situ en estruturas e elementos prefabricados de formigón. Ensaios No destrutivos: determinación do índice de rebote, determinación da velocidade dos impulsos ultrasónicos, medida da velocidade de corrosión e determinación do grao de carbonatación. Ensaios destrutivos: probetas testemuña e determinación da forza de arrincamento |
INTERACTIVA 3.1. Sobre o edificio elixido: - Representación dos datos obtidos a través do proceso de recoñecemento e ensaios "in situ". - Interpretación a partir de datos analíticos e de observación tomados polo alumno (que se completará parcialmente cunha simulación de toma de datos de técnicas de inspección, se é necesario) dos distintos fenómenos de deterioración que actúan nun edificio, estimación de causas e análise da súa interacción. - Confeccionar de fichas de toma de datos, que permitan desenvolver unha metodoloxía axeitada no estudo patolóxico da estrutura - Elaboración de informe de diagnóstico e proposta de intervención. INTERACTIVA 3.2 - Sobre o edificio elixido ou outro: Procedementos de ensaio non destrutivo. Utilización de aparatos, obtención de valores e interpretación de resultados Técnicas experimentais de análise: Estudos "in situ": Testemuñas. Extracción, exame e ensaio a compresión. Determinación da forza de arrincamento. Ensaios non destrutivos. Determinación do índice de rebote. Determinación da velocidade dos impulsos ultrasónicos. Medida da velocidade de corrosión. Determinación do grao de carbonatación. A Norma UNE-EN 13791: Caso práctico de estimación de resistencia do formigón a través da avaliación conxunta de datos procedentes de ensaios destrutivos e non destrutivos. |
BLOQUE TEMÁTICO 4. PROCESOS PATOLÓXICOS E TÉCNICAS DE INTERVENCIÓN 1. Introdución á reparación estrutural e aos procesos de intervención 2. Intervención na cimentación - Causas das lesións máis frecuente - Recalzos superficiais e profundos 3.Intervención en estruturas de fábrica - Axentes de orixe mecánica - Reestruturación de muros: substitución, bulonado, atirantamientos, contrafortes, taxidermias, aplacados, inxección armada, revestimentos de formigón armado, lañado de fisuras, recheo de fisuras, e rexuntados - Reforzo e reparación de columnas e elementos lineais - Reestruturación e reparación de arcos e bóvedas - Apertura de ocos |
INTERACTIVA 4.1. RECALZOS E INTERVENCIÓN EN ESTRUTURAS DE FÁBRICA. Sobre o edificio elixido ou outro. Recalzo ou intervención na cimentación do edificio obxecto de estudo durante o curso Rehabilitación e reparación da estrutura de fábrica do edificio, obxecto de estudo durante o curso. A partir da descrición do estado actual da cimentación e das estruturas de fábrica do edificio obxecto de estudo, e da identificación e diagnostico dos procesos patolóxicos desta pídese: - Describir o estado reformado da cimentación e das estruturas de fábrica, analizando e describindo o procedemento de intervención nos diferentes elementos que as integran. Detalles construtivos da intervención. Para iso buscarase información adicional á exposta na bibliografía, en catálogos e empresas especializadas nos traballos de reforzo en cimentacións e estruturas de fábrica. - Valorar os traballos necesarios para reparar tanto a lesión coma a causa que a produciu - Establecer un Plan de Mantemento que recolla as pautas a seguir para evitar a reaparición do proceso, unha vez, eliminado e reparado este |
4.Intervención en estruturas de madeira - Reestruturación de armazóns verticais: Substitución de zonas lesionadas, reforzos con escuadrías de madeira, reforzos con elementos metálicos, adición de prótese, creación de seccións mixtas - Reestruturación de armazóns horizontais: substitución, apuntalamentos, reforzo con elementos metálicos, adición de prótese, creación de forxados mixtos madeira-formigón - Reestruturación de armazóns inclinadas 5.Intervención en estruturas de aceiro - Reforzos de armazóns verticais - Reforzos de forxados - Erros de execución das unións |
INTERACTIVA 4.2. INTERVENCIÓN EN ESTRUTURAS DE MADEIRA/ACEIRO Rehabilitación e reparación da estrutura de madeira/aceiro do edificio, obxecto de estudo durante o curso. Alternativa: outro edificio A partir da descrición do estado actual da estrutura de madeira/aceiro do edificio obxecto de estudo e da identificación e diagnóstico dos procesos patolóxicos desta pídese: - Describir o estado reformado da estrutura, analizando e describindo o procedemento de intervención nos diferentes elementos que integran a estrutura de madeira/aceiro, co fin de reparar e reforzar as armazóns verticais e inclinados e os forxados, ou formular a súa substitución. Para iso buscarase información adicional á exposta na bibliografía, en catálogos e empresas especializadas nos traballos de reforzo en estruturas de madeira/aceiro - Valorar os traballos necesarios para reparar tanto a lesión coma a causa que a produciu - Establecer un Plan de Mantemento que recolla as pautas a seguir para evitar a reaparición do proceso, unha vez, eliminado e reparado este - Representar mediante detalles construtivos enlazados, o estado final da estrutura do edificio estudado, unha vez levada a cabo a intervención reparadora |
6.Intervención en estruturas de armado: - Lesións nas estruturas de formigón: fisuras e gretas de orixe mecánica - Solucións do reforzo: recrecido da sección, adicción de compoñentes metálicos, encolamento de material polimérico fibroreforzado (FRP) - Reforzo de forxados e lousas - Reforzo de vigas - Reforzo de piares - Reparación de fisuras - Reparación de formigóns afectados por procesos físico-químicos |
INTERACTIVA 4.3. INTERVENCIÓN EN ESTRUTURAS de formigón ARMADO Rehabilitación e reparación da estrutura de formigón armado do edificio, obxecto de estudo durante o curso. Alternativa: outro edificio A partir da descrición do estado actual da estrutura de formigón armado do edificio obxecto de estudo e da identificación e diagnóstico dos procesos patolóxicos desta pídese: - Describir o estado reformado da estrutura, analizando e describindo o procedemento de intervención nos diferentes elementos que integran a estrutura de formigón, co fin de reparar e reforzar as armazóns verticais e os forxados. Para iso buscarase información adicional á exposta na bibliografía, en catálogos e empresas especializadas nos traballos de reforzo en estruturas de formigón - Valorar os traballos necesarios para reparar tanto a lesión coma a causa que a produciu - Establecer un Plan de Mantemento que recolla as pautas a seguir para evitar a reaparición do proceso, unha vez, eliminado e reparado este - Representar mediante detalles construtivos enlazados, o estado final da estrutura do edificio estudado, unha vez levada a cabo a intervención reparadora |
7. Intervención en cerramentos e en revestimentos exteriores - Axentes de alteración en fachadas - Gretas e fisuras de orixe mecánica en fachadas. Terapéutica preventiva e curativa - Humedades en fachada: procesos patolóxicos. Terapéutica curativa e preventiva - A sucidade en fachadas - Rehabilitación de fachadas 8. Intervención en cubertas - Axentes de alteración en cubertas planas e inclinadas - Humedades de cuberta: procesos patolóxicos, terapéutica curativa e preventiva -Rehabilitación de cubertas 9. Sistema compartimentación e acabados - Gretas e desprendementos en acabados discontinuos: chapados, aplacados e azulexados. Terapéutica preventiva e curativa - Gretas en tabiques de fábrica. Terapéutica curativa e preventiva - Lesións en pavimentos continuos e por elementos. Terapéutica curativa e preventiva |
INTERACTIVA 4.4. INTERVENCIÓN NA ENVOLVENTE DUN EDIFICIO: Rehabilitación da fachada e a cuberta do edificio, obxecto de estudo durante o curso. Eliminación de humedades. Rehabilitación enerxética A partir da descrición do estado actual da envolvente do edificio obxecto de estudo no curso e da identificación e diagnóstico dos procesos patolóxicos desta pídese: - Describir o estado reformado da envolvente, analizando e describindo o procedemento de intervención nos diferentes elementos que integran a fachada e a cuberta, co fin de rehabilitar e reparar os elementos destas. Para iso buscarase información adicional á exposta na bibliografía, en catálogos e empresas especializadas do sector - Valorar os traballos necesarios para reparar tanto a lesión coma a causa que a produciu - Establecer un Plan de Mantemento que recolla as pautas a seguir para evitar a reaparición do proceso, unha vez, eliminado e reparado este - Representar mediante unha sección construtiva a escala 1/10, o estado final da envolvente do edificio estudado, unha vez levada a cabo a intervención reparadora |
BLOQUE 5. PROXECTO DE INTERVENCIÓN. MANTEMENTO. A) O PROXECTO • O PROXECTO ESPECÍFICO PARA REHABILITACIÓN • A REHABILITACIÓN NO PLANEAMENTO, desde a Ley De Ordenación Urbanística, as normas de habitabilidade de vivendas de Galicia, as figuras de planeamento. PROCEDEMENTO DE EXCEPCIONALIDADE. • TIPOLOXÍAS DE PROXECTOS. Proxectos específicos. Xurisprudencia. • ASPECTOS DA NORMATIVA EN PROXECTOS DE REHABILITACIÓN: particularidades de aplicación da reglamentación a edificios existentes. CRITERIOS DE ACTUACIÓN: accesibilidade, utilización, incendios, salubridade, ruido y aforro de enerxía. • CASUÍSTICA. SOLUCIÓNS. EXEMPLOS. ) O MANTEMENTO: uso e conservación . CRITERIOS XERAIS . DENDE O PROXECTO . DOCUMENTACIÓN DO SEGUIMENTO DE OBRA . O LIBRO DO EDIFICIO: uso e mantemento . IEE INFORME DE AVALIACIÓN DO EDIFICIO O Estado de conservación O Condicións básicas de accesibilidade O Certificado de eficiencia enerxética |
INTERACTIVA 5.1 Ordenación nun documento único da documentación parcial xerada nas interactivas precedentes acerca do edificio obxecto de estudo. Realización dun Informe de Avaliación do edificio obxecto de estudo durante o curso. |