Metodoloxías Descrición
Prácticas a través de TIC Actividades de carácter práctico sobre os contidos desenvolvidos nun ámbito de coñecemento concreto mediante o uso das Tecnoloxías da Información e da Comunicación.
Proba obxectiva Proba escrita (unha ou varias) utilizada para a avaliación da aprendizaxe. Pode combinar distintos tipos de preguntas: tipo test, desenvolvemento de teoría, problemas, etc.
Portafolios do alumno Seguimento do alumno durante o curso: participación en resolución de problemas colectivos na aula, entrega de problemas e asistencia colaborativa á clase
Sesión maxistral Exposición oral complementada có uso de medios audiovisuais coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
Exposición das ideas esenciais dos contidos e proposición de cuestións para fomentar a reflexión e o diálogo entre os estudantes