O contido desta materia directamente ligado cos obxectivos finais a conseguir será o seguinte:
- Desenvolver o proceso técnico - comercial que ten lugar dende que un estaleiro recibe unha consulta para a construción dun buque ou artefacto ata que se asina o correspondente contrato. Breve recordatorio e complemento ao que xa se inicia nas materias de Construción Naval I e II.
- Estudar o desenvolvemento do proxecto e a consolidación da estratexia construtiva.
- Relacionar os aprovisionamentos co proceso produtivo.
- Analizar o proceso de preparación da construción dun buque ou artefacto.
- Estudar os procesos tecnolóxicos propios da construción naval.
- Analizar os medios de produción do estaleiro de construción.
- Inserir as inspeccións e probas no proceso produtivo.
- Coñecer as particularidades da entrega do buque e do proceso de garantía
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías