Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A11 |
Coñecemento das características dos compoñentes e sistemas electrónicos e da súa aplicación a bordo. |
A17 |
Coñecemento dos sistemas para avaliación da calidade, e da normativa e medios relativos á seguridade e protección ambiental. |
A23 |
Capacidade para o deseño e cálculo dos espazos habitables dos buques e artefactos mariños, e dos servizos que se dispoñen nos devanditos espazos. |
A26 |
Capacidade para a integración a bordo dos sistemas eléctricos tendo en conta o seu empacho, peso, cargas dinámicas, impacto na estanquidade, o espazo necesario para o seu mantemento, etc. |
A27 |
Capacidade para a integración a bordo dos sistemas electrónicos de control e de navegación, tendo en conta o seu empacho, peso, impacto na estanquidade, o espazo necesario para o seu mantemento, etc. |
A35 |
Coñecementos das características dos sistemas de intercambio de datos e criterios para a súa instalación. |
A36 |
Coñecementos relativos ao control de interferencias e compatibilidade electromagnética dos sistemas instalados a bordo. |
A55 |
Coñecemento das reparacións tipo. |
B2 |
Resolver problemas de forma efectiva. |
B3 |
Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo. |
B7 |
Comunicarse de xeito efectivo nun ámbito de traballo. |
B9 |
Capacidade de integrarse en grupo de traballo. |
B11 |
Actitude creativa. |
B16 |
Fixar obxectivos e tomar decisións. |
B18 |
Capacidade de abstracción, comprensión e simplificación de problemas complexos. |
C6 |
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. |
C7 |
Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida. |
C8 |
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. |