Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Desenvolvemento dos temas mediante exposicións orais acompañadas de presentacións realizads en soporte informático e pequenos videos ilustrativos sobre os coñecementos que en cada momento se expoñen.
Solución de problemas Realizarase utilizando as tecnoloxías dispoñibles en cada momento. Facilitarase, no medida do posible, o acceso ao uso de programas informáticos de software e cálculo.
Prácticas de laboratorio Acordes ao temario impartido e á dispoñibilidade do material e equipos necesarios para estas. Poderanse realizar prácticas de simulación.
Traballos tutelados
Traballo realizado co propósito de que o alumno amplie os coñecementos adquiridos centrándose nun campo real e práctico.
Presentación oral Presentación dun traballo tutelado, elixido e realizado polo alumno co propósito de que amplie os coñecementos adquiridos centrándose nun campo de traballo real e práctico.
Proba mixta Considérase neste apartado a realización dun exame escrito sobre os coñecementos adquiridos na materia que englobará aspectos teóricos e prácticos sobre esta.

O exame conterá información sobre a súa forma de avaliación.