Datos Identificativos | 2015/16 | |||||||||||||
Asignatura | ENXEÑARÍA DOS MATERIAIS | Código | 730G03030 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Terceiro | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Presentación oral | Realizarase unha presentación oral en power point dos traballos tutelados desenvolvidos polos distintos grupos de alumnos. Previamente, realizarase un sorteo co obxecto de determinar a orde de intervención dos distintos compoñentes do grupo. |
Traballos tutelados | Realizaranse dous traballos en grupo sobre selección de materiais aplicados á enxeñaría industrial. o primeiros deles será un tema obrigatorio proposto polo profesor, mentres que o segundo tema será proposto polos propios alumnos co obxecto de incentivar a súa creatividade e iniciativa. |
Sesión maxistral | Realizarase unha exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución dalgunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe. A asistencia ás clases maxistrais terase en conta na nota final. |
Solución de problemas | Realizaranse seminarios de problemas cuxos enunciados se entregarán con suficiente antelación. En cada sesión do seminario resolveranse cantas dúbidas ou dificultades xurdisen ao alumnado. |
Prácticas de laboratorio | Realizaranse prácticas nas que se mostrará os alumnos distintos aspectos da corrosión de materiais metálicos |
Proba obxectiva | Realizaranse varios exames parciais tipo test que se levarán cabo en horario de clase. Todas as preguntas do test teñen tres posibles respostas das cales só unha é verdadeira. Na cualificación do test aquelas respostas equivocadas restan 0,5 puntos, mentres que as respostas en branco non se puntúan. |