Proba de ensaio |
Proba escrita sobre os contidos teóricos do programa da materia, onde o estudante deberá responder a preguntas amplas onde se valorará que se proporcione a resposta esperada, combinada coa capacidade de razoamento e adecuación aos contenidos da materia. |
Seminario |
Traballo en grupo coa participación e discusión para o estudo dos diferentes aspectos relacionados cos Coidados Básicos centrados nas necesidades da persoa. Son sesións presenciais de tipo monográfico supervisadas polo profesor nas que o estudante se converte no motor principal da clase. O obxectivo é que o alumno contraste a través de actividades, os coñecementos que lle permitan interpretar a realidade social, e as situacións obxecto de intervención profesional.
O material básico necesario para o desenvolvemento desta actividade será facilitado polo profesor durante o desenvolvemento desta actividade.
O alumno deberá entregar ao finalizar os seminarios establecidos polo profesor, un dossier no que se recollan todas as actividades desenvolvidas.
|
Traballos tutelados |
Traballo de revisión, de carácter obrigatorio, sobre contidos relacionados cos Coidados Básicos de Enfermaría vinculados á promoción da saúde física e psicosoacial. O obxectivo desta metodoloxía é fomentar a aprendizaxe autónoma do alumno, a través dun proceso tutelado polo profesor, de lectura e análise de fontes documentais, que finaliza coa entrega e defensa dun traballo. Este traballo se realizará en grupos de catro alumnos.
|