Descrición xeral |
Asignatura orientada á esclarecer a aportación dos enfermeiros que traballan na comunidade no ámbito extrahospitalario. Pretende afianzar unha visión salutoxénica da saúde e dos coidados, proporcionando ferramentas propias do ámbito enfermeiro para promover a saúde a nivel individual e familiar, o empoderamento de pacientes e a potenciación de activos en saúde; pero tamén para a planificación de intervencións para promover a saúde a nivel comunitario, a partires do diagnóstico de saúde de unha comunidade e da utilización dos recursos da epidemioloxicos disponibles. Dado o patrón de cronicidade actual trabállase tamén dende a perspectiva da prevención da enfermidade, complicacións e secuelas. Os coidados de enfermaría neste ámbito están orientados á promoción do autocoidado, á prevención dos déficits de autocoidado e á facilitación do compromiso coas conductas promotoras de saúde que integran un estilo de vida saudable. |