Materia de práctica clínica de intervención integradora, supervisada por profesionais enfermeiros e por profesores da Universidade situados nos recursos sanitarios seleccionados como contornas clínicas de aprendizaxe práctica de nivel intermedio. O seu obxectivo fundamental, é permitir a incorporación por parte do alumno dos valores profesionais, razoamento clínico, xestión clínica e o xuízo crítico.
Estas estancias teñen a finalidade de que o alumno poida integrar os coñecementos teóricos e habilidades adquiridas que lle permitan entender, comprender, diagnosticar, deseñar un plan de coidados e desenvolvelo tendo en conta a situación de saúde da persoa. Tamén desenvolver habilidades de comunicación efectiva con pacientes, familias e grupos.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías