Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A13 |
Coñecer os Fundamentos da Podoloxía. Ergonomía. Historia da profesión e marco conceptual. Concepto de profesión. Nomenclatura técnica empregada en ciencias da saúde. Adquirir capacidade na xestión clínica dos servizos de podoloxía. |
A14 |
Actuar en base ó cumprimento das obrigacións deontolóxicas da profesión, a lexislación vixente e os criterios de normopraxis. Dereitos do paciente. Responsabilidade civil e sanitaria. Problemas éticos no exercicio da profesión. Instrumentos que axuden ó profesional no caso de problemas éticos. Marco profesional. Dereitos e obrigacións do profesional. |
A53 |
Adquirir capacidade na xestión clínica dos servizos de podoloxía. |
A61 |
Coñecer o Sistema Sanitario Español e os aspectos básicos relacionados coa xestión dos servizos de saúde, fundamentalmente os que estean relacionados coa atención e rehabilitación podolóxica. |
A64 |
Identificar e integrar a práctica profesional desde o respecto á autonomía do paciente; describir os elementos propios do manexo da documentación clínica con especial atención ós aspectos de confidencialidade; identificar os criterios básicos de xestión clínica, economía da saúde e uso eficiente dos recursos. |
B1 |
Aprender a aprender. |
B2 |
Resolver problemas de forma efectiva. |
B3 |
Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo. |
B6 |
Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional. |
B7 |
Comunicarse de maneira efectiva nun entorno de traballo. |
B8 |
Coñecer e apreciar a diversidade e a multiculturalidade. |
B10 |
Desenvolver a capacidade de liderado. |
B12 |
Capacidade de xestión da información. |
B15 |
Sensibilidade cara temas medioambientais. |
B16 |
Capacidade de organización e planificación do tempo e o traballo. |
B18 |
Capacidade para comunicarse con persoas non expertas na materia. |
B19 |
Capacidade de aplicar os coñecementos na práctica. |
B22 |
Fomentar e aplicar os dereitos fundamentais e a igualdade entre homes e mulleres. |
C1 |
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. |
C3 |
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. |
C4 |
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. |
C5 |
Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras. |
C6 |
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. |
C7 |
Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida. |
C8 |
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. |