Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A1 |
Asesorar ás PYMES no campo sociolaboral. |
A2 |
Xestionar todas as cuestións relativas ao ámbito das relacións laborais. |
A3 |
Identificar os distintos tipos de empresas e sociedades incluídas as de economía social e os seus rexímenes xurídicos. |
A8 |
Adquirir coñecementos para unha idónea organización laboral nos cadros de persoal. |
A9 |
Tomar decisións e buscar solucións consensuadas a problemas complexos relativos á situación socio-laboral da empresa. |
A10 |
Seleccionar as opcións estratéxicas de Recursos Humanos máis acomodadas á contorna multidisciplinar da empresa. |
A11 |
Elaborar planes de Recursos Humanos, coherentes co obxectivo a acadar. |
A12 |
Xestionar os procesos de negociación entre as partes da relación laboral co fin de acadar consensos e acordos. |
A13 |
Coñecer as medidas de solución de conflitos ao alcance de traballadores e empresarios e resolver cales resultan axeitadas en diferentes situacións. |
B2 |
Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidas dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo. |
B3 |
Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vencelladas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos. |
B4 |
Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións (e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan) a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades. |
B5 |
Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirixido ou autónomo. |
B6 |
Adquirir un coñecemento amplo das institucións básicas do ámbito socio-laboral especialmente do Dereito do Traballo e da Seguridade Social. |
B7 |
Desenvolver os coñecementos, habilidades e aptitudes que permitan unha idónea dirección e xestión laboral. |
B8 |
Saber recoñecer os aspectos económicos da Seguridade Social e das Relacións Laborais. |
B9 |
Desenvolver a capacidade de organización, planificación e toma de decisións. |
B10 |
Adquirir os coñecementos necesarios nos campos laboral, tributario e de Seguridade Social para prestar servizos de asesoría socio-laboral. |
B13 |
Coñecer os dereitos e obrigas dos traballadores e as distintas formas de extinción do contrato de traballo. |
C3 |
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. |
C4 |
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. |
C5 |
Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras. |
C7 |
Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida. |